Diferenzas entre revisións de «Lazarillo de Tormes»

sen resumo de edición
{{Título en cursiva}}
'''''A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades'''''<ref>[https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43613/ramon-pineiro-udc-presentan-traduccion-gallega-del-lazarillo-tormes ''O Ramón Piñeiro e a UDC presentan a tradución galega do ‘Lazarillo de Tormes’'']</ref> (orixinal en castelán ''La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades''), coñecida popularmente como '''''Lazarillo de Tormes''''', é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo [[Xénero epistolar|epistolar]] (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de [[1554]].
 
Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no [[século XVI]], dende a súa nacenza, pasando pola súa [[infancia]] miserable e a súa [[voda]], até a idade adulta. É unha obra precursora da [[novela picaresca]]​ por elementos tales como o [[realismo]], a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a [[ideoloxía]] moralizante e [[Pesimismo|pesimista]].
 
[[Categoría:Obras narrativas en castelán]]
[[Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego]]
230.478

edicións