Lazarillo de Tormes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo básico a partir de es.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2019 ás 10:20

A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades[1] (orixinal en castelán La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades), coñecida popularamente como Lazarillo de Tormes é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554.

Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca​ por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persona, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideología moralizante y pesimista. O Lazarillo de Tormes é un bosquexo irónico e desapiadado da sociedade da época, da cal amosa amosa os seus vicios e comportamentos hipócritas, sobre todo os dos cregos e relixiosos. Hai diferentes hipóteses acerca da autoría: probablemente o autor simpatizase cos postulados de Erasmo. Isto motivou que a Inquisición a prohibise e que, máis tarde, permitisa a súa publicación expurgada. A obra no volveu ser publicada integramente até o século XIX.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas