Chunta Aragonesista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 35:
Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en [[Huesca]] o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe ''Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro''. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas [[Eleccións xerais de España de 1989|eleccións xerais do mesmo ano]] CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma [[Lingua aragonesa|aragonesa]] do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.
 
===Consolidación e crecemento===
Durante os anos 90 a CHA experimentaría un crecemento continuo nas diversas convocatorias electorais da década. Nas eleccións autonómicas de 1991 o partido quedou moi perto de obter representación nas Cortes de Aragón grazas a un importante aumento de votantes nas provincias de [[Provincia de Zaragoza|Zaragoza]] e [[Provincia de Huesca|Huesca]]. Nas eleccións municipais dese ano o partido tamén escolleu os seus primeiros alcaldes, nas localidades de [[Artieda]] e [[Castillazuelo]].<ref>Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). [https://ddd.uab.cat/pub/papers/02102862n92/02102862n92p171.pdf Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista]. '' Papers: revista de sociologia, (92)'', 171-195. pp. 187.</ref>