Chunta Aragonesista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
==Historia==
===Nacemento e primeiros pasos===
Despois da efervescencia na esquerda de [[Aragón]] causada polo [[Referendo sobre a permanencia de España na OTAN]] e tras a posta en funcionamento das novas institucións autonómicas, o 29 de xuño de 1986 un centenar de persoas, vinculadas a diversas asociacións culturais, sociais, pacifistas e [[Nacionalismo aragonés|nacionalistas]], reunidas nunha asemblea constutuínte, decidiron crear un novo partido político, [[Nacionalismo aragonés|nacionalista aragonés]] e de [[Esquerda política|esquerda]]. O primeiro nome foi o de '''Unión Aragonesista-Chunta Aragonesista''' (UA-CHA). O 20 e 21 de decembro a UA-CHA celebrou en Zaragoza a súa I Asemblea Nacional (congreso), co lema trilingüe ''Porque ya era hora. Porque ya caleba. Perquè ja calia''. Nesta asemblea o partido escolleu aos seus primeiros presidentes, Eduardo Vicente de Vera e Chesús Bernal, respectivamente.
 
O 10 de xullo de 1987 a CHA concorreu por primeira vez a unhas eleccións, concretamente á triple convocatoria electoral dese mes ([[Cortes de Aragón]], municipais e eleccións ao Parlamento Europeo). Os resultados foron escasons, apenas 6.154 votos (1% do total nas autonómicas), aínda que conseguiron os seus primeiros representantes locais no concello de [[Artieda]].<ref>{{Cita Noweb|título=Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior|url=http://www.infoelectoral.mir.es/infoelectoral/min/busquedaAvanzadaAction.html?vuelta=1&codTipoEleccion=4&codPeriodo=198706&codEstado=99&codComunidad=2&codProvincia=0&codMunicipio=0&codDistrito=0&codSeccion=0&codMesa=0|páxina-web=www.infoelectoral.mir.es|data-acceso=2019-10-08}}</ref> Nas eleccións ao [[Parlamento Europeo]] participaron na coalición Esquerda dos Pobos, xunto a [[Euskadiko Ezkerra]] e a outros partidos nacionalistas, que non logrou obter representación.
 
Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en [[Huesca]] o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe ''Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro''. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas [[Eleccións xerais de España de 1989|eleccións xerais do mesmo ano]] CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma [[Lingua aragonesa|aragonesa]] do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.
 
Nesta etapa de crecemento, o partido decide adoptar como única denominación o nome de Chunta Aragonesista e as siglas CHA. Esa decisión foi un dos acordos máis destacados da I Conferencia Nacional (órgano consultivo da CHA), que, para tratar sobre ideoloxía e estratexia, tivo esta primeira reunión o 6 de maio de 1990.
 
==Resultados electorais==