Lexión Cóndor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Bombardeo de Xixón e referencia
Liña 15:
 
== Condecoracións ==
[[Ficheiro:Kondor-LegionpanzerabzeichenPanzertruppenabzeichen der Legion Condor.jpg|miniatura|A Panzertruppenabzeichen, insignia de carrista da Lexión Cóndor.]]
* '''Panzertruppenabzeichen der Legion Condor'''. Tomando como referencia a insignia dos carristas alemáns da [[Primeira Guerra Mundial]], creouse en setembro do 36 unha insignia con carácter extraoficial. Dita insignia consistía nunha caveira e un carro de combate, rodeados por unha coroa de loureiro, en prata. Como requisito estipulouse a permanencia de máis de tres meses na unidade de carros da Lexión, e non ter ningún arresto nin sanción. Concedéronse 415 insignias, e existiu unha en ouro, a do comandante carrista, [[Von Thoma]] recibida durante o [[desfile da Vitoria]] en Madrid. O 10 de xullo de 1939 foi recoñecida oficialmente polo Comandante en xefe do [[Heer]].
* '''Spanienkreuz ou Cruz de España'''. Instituíuse o 14 de abril de 1939, habendo dous modelos, con espadas para combatentes e sen elas para persoal non combatente. Consistía nunha [[Cruz de Malta]] e no centro desta a [[esvástica]], estando entre cada extremo da cruz, o emblema da [[Luftwaffe]]. Non só foi entregada a membros da Lexión Cóndor, senón as tripulacións de buques alemáns que participaron en accións de combate na Guerra civil. Concedéronse en total unhas 26.116.