Berengario I de Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 6:
=== Familia ===
[[Ficheiro:Berengar_I_of_Italy.jpg|dereita|miniatura| '''Berengario de Friül''' ]]
Terceiro fillo de [[Eberardo de Friúl|Eberardo]] e da princesa Xisela, filla do emperador [[Lois I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Luís o Piadoso]], era irmán de [[Unroch III de Friúl|Unroch III de Friúl]]. Era de ascendencia [[Dinastía Carolinxia|carolinxia]] por parte da nai. O seu nome en latín é ''Berengarius'' ou ''Perngarius'' e en italiano Berengario. Probabelmente naceu en Friúl. Berengario casou con Bertilla, filla de [[Suppón II de Spoleto]] e tiveron dúas fillas:
 
* Berta (? -952), abadesa de San Salvador en [[Brescia]].
Liña 34:
No [[893]], Arnulfo enviou ao seu fillo Zwentibold (fillo ilexítimo) a Italia. Este atopouse con Berengario e xuntos lanzaron unha ofensiva que arrinconou a Guido en Pavía. Parece que Guido os subornou e perderon a oportunidade de derrotalo definitivamente. No [[894]], Arnulfo dirixiu un novo ataque contra Guido e xunto con Berengario derrotouno en [[Bérgamo]] e tomou o control de [[Pavía]] e [[Milán]]. Berengario marchou a [[Toscana]] co exército de Arnulfo, cando de súpeto o deixou e regresou a [[Lombardía]]. O rumor estendeuse de que se virara contra o rei e de que regresara de Toscana levándo con el a [[Adalberto II de Toscana]]. Non se sabe se o rumor era certo ou non, pero Berengario foi deposto de Friúl e substituído por [[Walfredo de Friúl|Walfredo]], o máximo ministro de Berengario, pero Walfredo morreu pronto e o trono quedou vacante.
 
Arnulfo, que foi coroado emperador polo papa [[Formoso, papa|Formoso I]], deixou Italia baixo o seu fillo Ratoldo, pero pronto volveu a Alemaña polo [[Lago Como|lago de Como]], deixando a Italia baixo o control de Berengario, que fixo un pacto con [[Lamberto II de Spoleto|Lambert]]<nowiki/>o, fillo e sucesor de [[Guido III de Spoleto]]. Berengario e Lamberto reuníronse en Pavía e acordaron dividir o reino. Berengario recibiría a parte oriental delimitada polos ríos [[Río Adda|Adda]] e [[Río Po|Po]]. Segundo o cronista [[Liutprando]] de [[Cremona]], desde entón os italianos sempre sufriron baixo dous monarcas. Para garantir o cumprimento do acordo, Lamberto prometeu casar con Xisela, filla de Berengario.
 
A paz non durou demasiado. Berengario reuniu un exército e avanzou cara a Pavía, pero Lamberto derrotouno en [[Borgo San Donnino]] e caeu prisioneiro. Poucos días despois, o [[15 de outubro|15 de outubro do]] [[898]], morreu Lamberto. Berengario mantívose libre e tomou o control de todo o reino e volveuse o único rei.