Síndrome de Down: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 239:
A mellora nos tratamentos das enfermidades asociadas á SD aumentou a esperanza de vida destas persoas, dende os 14 anos hai unhas décadas, ata case a normalidade (60 anos, en países desenvolvidos) na actualidade. Ó longo dos últimos 150 anos propuxéronse diferentes tratamentos empíricos ([[hormona tiroide]], [[hormona do crecemento]], [[ácido glutámico]], dimetilsulfóxido, complexos vitamínicos e minerais, 5-hidroxitriptófano ou piracetam) sen que ningún demostrase en estudos lonxitudinais a dobre cego que a súa administración provoque ningún efecto positivo significativo no desenvolvemento motor, social, intelectual ou de expresión verbal das persoas con SD. Non existe ata o momento ningún tratamento farmacolóxico eficaz para a SD, aínda que os estudos postos en marcha coa [[secuenciación do ADN|secuenciación]] do [[xenoma humano]] permiten agoirar unha posible vía de actuación (enzimática ou xenética), iso si, nun futuro aínda algo distante.
 
Os únicos tratamentos que demostraron unha influencia significativa no desenvolvemento dos rapaces con SD son os programas de ''Atención Temperá'', orientados á estimulación precoz do sistema nervioso central durante os seis primeiros anos de vida. Especialmente durante os dous primeiros anos o SNC presenta un grao de plasticidade moi alto, o que resulta útil para potenciar mecanismos de aprendizaxe e de comportamento adaptativo.<ref>Flórez, J. Troncoso, M. V. ye Dierssen, M. (1997)</ref><ref>Santoyo Velasco, C.(1991): ''Formación das persoas con SD: Para a autonomía e non para a dependencia''; ''Notas sobre a plasticidade do desenvolvemento psicolóxico e as interaccións temperás''. Revista Intercontinental de Psicoloxía e Educación: VOL. 4, NO. 2, 175-183.</ref>
 
Os individuos con grandes dificultades para a aprendizaxe a miúdo foron internados en institucións, mais comprobouse que deben vivir no seu domicilio, onde desenvolven de forma máis completa todo o seu potencial. A adaptación curricular permite en moitos casos unha integración normalizada en colexios habituais, aínda que deben terse en conta as súas necesidades educativas especiais. A idade mental que poden acadar está aínda por descubrir, e depende directamente do ambiente educativo e social no que se desenvolven. Cando este é demasiado protector, os mozos e mozas tenden (o mesmo que nos ocorrería a todos) a deixarse levar, descubrindo escasamente as súas potencialidades. Os contextos estimulantes axudan a xerar condutas de superación que impulsan o desenvolvemento da intelixencia. Como consecuencia, é imposible determinar os traballos e desempeños que poden acadar durante a vida adulta. Potenciaren as súas iniciativas e racharen formulacións estáticos que historicamente os perseguiron, son compromisos sociais ineludibles que as sociedades actuais deben atender.