Guerra da Independencia española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Antecedentes: arranxiños
Liña 32:
== A guerra pola independencia ==
{{VT|Xunta Suprema do Reino de Galicia|Xunta Suprema Central}}
Tralo levantamento do 2 de maio, a [[Xunta Suprema do Reino de Galicia]], a [[Xunta Suprema do Reino de Sevilla]] e outras Xuntas constituídas en diversas provincias do Reino proclámanse soberanas contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envías embaixadas a [[Inglaterra]] e declaran a guerra a [[Francia]]. Estas Xuntas de contado fusionaríanse para formar a [[Xunta Suprema Central]] ([[25 de setembro]] de [[1808]], a cal acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a [[Napoleón I de Francia|ocupación napoleónica de España]]; esta xunta suprema central, a partir de [[1810]], pasaría a chamarse '''Consello de Rexencia de España e Indias'''.
 
Unda das primeiras Xuntas provinciais formadas a finais do mes de maio foi a do Principado de Asturias que, o [[24 de maio]] de [[1808]], declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende [[Bilbao]] e [[Valladolid]] para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos é secundada polo resto das xuntas; ([[Cantabria]] o 27, [[Galicia]] o 30, [[León, España|León]] o 1 de xuño etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de [[Napoleón]] de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custos).
 
Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na [[batalla de Medina de Rioseco]] non acaba coa rebelión do [[sitio de Zaragoza]] que axiña se estende a [[Logroño]]. En [[Cataluña]], as tropas francesas son derrotadas dúas veces na [[batalla de Eldel Bruc]], mentres que a sublevación de [[Xirona - Girona|Xirona]] corta as subministracións. En [[Andalucía]] o xeneral Dupont sofre unha derrota na [[batalla de Bailén]] fronte as tropas do xeneral [[Francisco Javier Castaños|Castaños]]. A causa deste triunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, [[Gran Bretaña]] ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.
 
Porén, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rapidamente á resistencia española e aos exércitos ingleses desembarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a [[batalla de Somosierra]] ([[30 de novembro]] de [[1808]]) e a derrota da [[batalla de Ocaña]] (novembro de [[1809]]), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en [[Sevilla]], despois en [[Cádiz]]. Dende aí asiste é toma de Andalucía e [[Comunidade Valenciana|Valencia]]. Soamente Murcia e [[Huelva]], con [[Cádiz]], quedan independentes.