Berengario I de Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 23:
 
=== Rei de Italia ===
Imagem[[Ficheiro:Carolingian empire 898-pt.svg|miniatura|Territorio de Berengario I en 898.]]
<center>
<gallery mode=packed caption=" " widths="125px" heights="125px">
Imagem:Carolingian empire 898-pt.svg|Territorio de Berengario I en 898
Imagem:Carolingian empire 915-pt.svg|Territorio de Berengario I e2 915
</gallery>
</center>
Despois da deposición de [[Carlos III o Gordo]], Berengario foi o único gobernante xunto con [[Arnulfo de Carintia]], que o depuxera, en ascender a rei antes da morte do emperador. Hai textos que datan o comezo do seu reinado en [[Pavía]] entre o 26 de decembro de 887 e o 2 de xaneiro de [[888]]. Dende o principio, Berengario tivo que loitar con numerosos rivais para preservar o reino. Con [[Guido III de Spoleto|Guido de Spoleto]], aspirante ao trono, acordou unha distribución dos territorios. Despois da morte do emperador, Guido quedaría coa Francia occidental e Berengario con Italia. Os dous rivais estaban relacionados cos emperadores carolinxios por vía materna, pero representaban faccións diferentes dentro da política italiana: Berengario era pro-xermánico e Guido era pro-francés.
 
Liña 44 ⟶ 39:
 
En 899, os [[Hungría|húngaros]] atacaron por primeira vez Italia. Berengario reuniu un gran exército para expulsalos. Rexeitou un armisticio dos húngaros coa intención de expulsalos por completo. O 24 de setembro de [[899]], o seu exército foi tomado por sorpresa e derrotado preto do [[río Brenta]].
Imagem[[Ficheiro:Carolingian empire 915-pt.svg|miniatura|Territorio de Berengario I e2en 915]]
 
Este fracaso prexudicou o prestixio de Berengario como líder fronte á nobreza italiana, o que provocou que apoiasen a outro candidato ao trono, Luís de Provenza. No [[900]], Luís foi a Italia e derrotou a Berengario, sendo coroado emperador polo papa [[Bieito IV, papa|Bieito IV]] ao ano seguinte. No [[902]], Berengario devolveu o golpe e derrotou a Luís, obrigándoo a xurar que nunca máis volvería a Italia. Cando Luís rompeu o xuramento no [[905]] invadindo a península de novo, Berengario derrotouno en [[Verona]] e capturouno e ordenou que o cegasen o 21 de xullo. Luís volveu á [[Provenza]] e seguiu gobernando durante vinte anos como Luís o Cego. Deste xeito o reinado de Berengario consolidouse e gobernou sen oposición, agás un breve período, ata o [[922]]. Estableceu a súa capital en Verona, cidade que ordenou fortificar. Durante os anos en que Luís era unha ameaza, Bertilla, a súa muller, sobriña da Emperatriz [[Empelberga]], xogou un papel importante na lexitimación do seu reinado.