Diferenzas entre revisións de «4 de outubro»

m (→‎Acontecementos: María I de Inglaterra)
== Acontecementos ==
* [[610]] - [[Heraclio]] chega por barco dende [[África]] a [[Constantinopla]], derrota o emperador bizantino [[Focas]] e coróase novo emperador.
* [[1476]] - [[Tratado de Tudela]] polo que [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando o Católico]] intervén en [[Navarra]].
* [[1511]] - [[Fernando o Católico]] únese cos [[Estados Pontificios]] e con [[Venecia]] na chamada [[Liga Santa]] para frear a crecente hexemonía francesa na [[Italia]].
* [[1535]] - Os colonizadores españois fundan a cidade de [[Sincelejo]] ([[Colombia]]).
* 1535 - [[María I de Inglaterra|María Tudor]], filla de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e de [[Catarina de Aragón]], é coroada raíña de [[Inglaterra]].
* [[1582]] - [[Roma]]: O papa boloñés [[Gregorio XIII]] decreta o calendario gregoriano na substitución do calendario xuliano. En [[Polonia]], [[España]], [[Portugal]] e [[Italia]], a noite do [[xoves]] 4 de [[outubro]] de [[1582]] deu paso o [[venres]] 15 de [[outubro]].
* [[1766]] - O navegante francés [[Louis Antoine Bougainville]] accede a deixar as illas [[Malvinas]] ao mando da [[Capitanía Xeneral de Buenos Aires]] tras aceptar de [[España]] unha forte suma de diñeiro.
* [[1981]] - [[Ali Jamenei]], elixido presidente de [[Irán]] en substitución de [[Muhammad Ali Rajai]].
* 1981 - Celébrase en [[Hamburgo]] o "Día da Saúde", organizado pola Asemblea da Saúde de [[Berlín]].
* [[1984]] - O [[Furacán Hortensia (de 1984)|furacán Hortensia]] chega a Galicia. Ao seu paso deixa 2 vítimas mortais (4 máis fóra do país) e danos por riba dos 60 millóns de euros.
* [[1987]] - [[Michel Prufer]] bate o récord mundial de velocidade en esquí, a quilómetro lanzado, con 217,68 km/h. celebrado en [[Chile]].
* [[1988]] - [[Amnistía Internacional]] revela nun informe o lamentable panorama mundial dos dereitos humanos os 40 anos da [[Declaración Universal dos Dereitos Humanos]].
* [[1997]] - A Infanta [[Cristina de Borbón]], segunda filla dos reis de [[España]], e o deportista [[Iñaki Urdangarin]] casan na catedral de [[Barcelona]].
* [[2002]] - Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira [[Philip Morris]] a pagar 28 000 millóns de dólares a unha muller enferma de [[cancro de pulmón]].
* [[2007]] - no [[parque nacional de Tsolofelo]] ([[Botswana]]) é enterrado o cadáver repatriado do [[ Bosquimano de Bañolas|Negro de Bañolas]], o cadáver embalsamado dun home da [[Pobo san|etnia san]] (chamado pexorativamente «bosquimano»), que desde 1916 exhibíase como atracción turística no [[museo Darder]] de [[Banyoles]] (Cataluña).
 
== Nacementos ==
103.280

edicións