Trastorno bipolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 24:
== Síntomas ==
A persoa con trastorno bipolar presenta varios tipos de fases, que poden durar [[día]]s, [[semana]]s ou [[mes]]es. As fases polas que pode pasar un enfermo son: manía, hipomanía, [[eutimia]], hipotimia e depresión.
* A manía: Moitas veces, o primeiro síntoma da fase maníaca é a diminución da necesidade de [[durmir]]. O paciente érguese cedo coa [[cabeza]] chea de ideas e pletórico de [[enerxía]]. Durante o día realiza unha actividade inusualinfrecuente, gasta cartos, móstrase alegre, sociable e falador, podendo chegar a ser indiscreto e avasalador. Tamén se pode dar un aumento do impulso sexual. Estes síntomas poden acompañarse dunha crecente impaciencia e irritabilidade ata o punto de mostrar agresividade. En casos graves, a extraordinaria elevación do ton vital pode levar a que o paciente se crea dotado de poderes sobrenaturais, ou asediado por múltiples inimigos. A intensidade dos síntomas durante a fase maníaca pode levar á hospitalización, se ben en cuestión de semanas o paciente acostuma encontrarse en condicións de seguir un tratamento ambulatorio.
* A hipomanía: Pódese dicir que é unha manía suave, e durante a hipomanía nunca aparecen síntomas psicóticos. O resto de síntomas son similares ós da fase maníaca. A hipomanía pode ser un estado que resulte extraordinariamente agradable, o problema é que pode empeorar e evolucionar cara a outra fase.
* A [[Depresión (psicoloxía)|depresión]]: A fase depresiva do trastorno bipolar é similar ós demais tipos de depresión. A persoa encóntrase cansa, sen ilusión por nada, apática, desmotivada. Calquera acto sinxelo ou rutineiro costa un esforzo enorme, e a situación parece non ter saída. Altéranse o sono, o apetito, e a conduta sexual perde todo interese. Algúns pacientes poden sufrir ansiedade, ou ideas repetitivas de tipo negativo, con desexos de morrer. En casos graves poden darse ideas delirantes. Para a persoa deprimida nada pode cambiar o inferno que vive, sen comprender que cun tratamento oportuno pode recuperar a ilusión de vivir en poucas semanas.
Liña 41:
 
== Prognóstico ==
Con tratamento, a evolución é xeralmente boa. Sen tratamento, a evolución é case sempre moi negativa, con constantes recaídas e graves consecuencias familiares, laborais e sociais. Pódense presentar varias complicacións da enfermidade. A máis grave é o suicidio, do cal existe un risco máis alto que na poboacionpoboación xeral (estímase que un 15% dos pacientes bipolares falecen por suicidio). Outra complicación que se pode presentar é o abuso de drogas, o cal é unha enfermidade máis e ensombrece o prognóstico da que xa tiña. Unha fase de euforia pode producir graves problemas familiares (parellas rotas, separacións, conflitos), perda do traballo, riscos excesivos. Mentres, unha fase depresiva pode producir baixas laborais, descenso de produtividade etc.
 
== Persoas que se cre teñen sufrido trastorno bipolar ==