Stéphane Mallarmé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Mallarmé foi o primeiro fillo dunha familia de funcionarios de Sens. Despois da morte de súa nai en [[1847]] foi criado polos avós. Dende [[1850]] viviu nun internado, do que foi expulsado por mal comportamento. No [[1856]] entrou nun internado en Sens. En [[1857]] morreu a súa irmá máis nova. Entre 1858 e 1860 escribiu as súas primeiras obras (64 poemas co título ''Entre quatre murs'', (''Entre catro paredes''). Pouco despois de pasar os exames de [[Bacharelato]] coñeceu ós poetas [[Emmanuel des Essarts]], [[Jean Lahor]] e [[Eugène Lefébure]]. Nese anos entrou en contacto por primeira vez co libro de [[Charles Baudelaire]] ''Les fleurs du mal'' (''As flores do mal'') e publicou os seus primeiros artigos de crítica literaria en diversas revistas e, máis tarde, empezou a publicar os seus propios poemas. Coñeceu á institutriz alemá Marie Gebhard Kennen, coa que casou en [[1863]] en [[Inglaterra]], antes de comezar a traballar como profesor de inglés en Tournon-sur-Rhône, no departamento de [[Ardèche]], o que sería o seu traballo ata 1893, ano no que se xubilou. En 1863 naceu a súa filla Geneviève. Entre os amigos e coñecidos da época figuran os escritores [[félibres]] Théodore Aubanel, Joseph Roumanille e [[Frédéric Mistral]], que escriben en provenzal así como [[Catulle Mendès]] e [[Mathias Villiers de l'Isle-Adam]].
 
Durante unha crise persoal e literaria comezou o "proxecto da súa vida": ''Hérodiade'', no que o material de orixe, o relato bíblico de [[Salomé (princesa)|Salomé]], é reelaborado como tematización de procura da pureza e a beleza do verso. O seu poema longo (110 versos alexandrinos) ''L'après-midi d'un faune'' (''A sesta dun fauno'') foi redactado en [[1865]] coa esperanza de que fose escenificado no Teatro Francés de París, do que foi, porén, rexeitado. En [[1866]] publicou por primeira vez dez poemas na revista ''Le Parnasse Comtemporain'', o principal órgano do círculo dos [[parnasianos]] que tiña como centro a [[Théophile Gautier]]. Mallarmé compartía na época os postulados literarios do grupo, no que se incluían tamén poetas como [[Leconte de Lisle]] e o cubano-francés [[José-María de Heredia]].
Nesta época o poeta cambiou varias veces de residencia: en [[1866]] mudouse a [[Besançon]], desde onde iniciou unha correspondencia con [[Paul Verlaine]], en 1867, a [[Avignon]], onde empezou a dar a coñecer os seus poemas en prosa.