Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 125:
== Historia ==
[[Ficheiro:Galician-suevic-kingdom.png|esquerda|miniatura]]
Os suevos, procedentes do interior de [[Europa]], concentráronse á súa chegada á Península Ibérica entre o [[río Douro|Douro]] e o [[Río Miño|Miño]], na zona de influencia de [[Braga]]. Os demais pobos invasores canda os suevos repartíronse o territorio: os [[Vándalos|vándalos silingos]] ocuparon a Bética, os suevos a zona occidental da [[Gallaecia]] e os [[Vándalos|vándalos asdingos]] ocuparon a parte leste. Os suevos nomearon rei a [[Hermerico]] ([[409]]-[[438]]) e estableceron o seu reino no citado territorio. É posible que Hermerico asinara un [[foedus]] con Roma no 410 ou 411, mais a distribución dos pobos bárbaros verase alterada por mor da intervención dos [[visigodos]], entre os anos 418 e 421, que axudaron ó emperador [[Flavio Honorio|Honorio]] a botar fóra ós vándalos silingos e mailos [[alanos]]. No ano 420 os vándalos asdingos, con [[Gunderico]] á cabeza, atacan ós suevos, o que provoca unha nova intervención romana en axuda ós suevos<ref>Destaca a intervención do ''Comes Hispaniorum'' [[Asterius]]. ''[http://www.jstor.org/pss/1089094 The carrer of Comes Hispaniarum Asterius]'', Michael Kulikowski {{En}}.</ref> na [[batalla dos montes Nervasos]]. Os vándalos bátense en retirada cara ao sur, deixando o sitio para os suevos, que terán, agora si, un reino que abranga toda a antiga provincia romana da [[Gallaecia]].
 
Durante todo o [[século V]] os enfrontamentos entre os suevos e a aristocracia galaico-romana foron habituais. Debido á súa enfermidade, [[Hermerico]] abdicou no ano 438 en favor do seu fillo [[Requila]] ([[438]]-[[448]]), quen emprendeu unha política expansiva que fixo que os suevos se consolidasen no norte da [[Lusitania (provincia)|Lusitania]]. Oficializou a capital do reino en [[Braga]], e espallou o reino cara ao sur, conquistando [[Mérida, España|Mérida]], a capital da Lusitania, no ano 439 e chegando a tomar [[Sevilla]] no ano 441. A Requila sucedeuno [[Requiario]] ([[448]]-[[456]]), primeiro rei suevo nado en territorio galaico, que adoptou o catolicismo no [[449]], o que produciu unha pronta fusión entre a poboación xermánica e a galaicorromana.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Grandeza e decadencia do reino de Galicia|apelidos=González López|nome=Emilio|editorial=Editorial Galaxia|ano=1978|ISBN=8471543036|ref=}}</ref> No ano 456 tivo lugar a [[batalla do río Órbigo]], que enfrontou a [[suevos]] e [[visigodos]], os cales loitaban contra o expansionismo suevo. Os visigodos derrotaron aos suevos, o que tivo como consecuencia o asasinato de Requiario e o saqueo de Braga polos visigodos.