Hermerico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
Entre o ano 416 e 418, os [[visigodos]] liderados por [[Valia]] declararon a guerra a Hermerico en nome de Roma.<ref name="Thompson154"/> En 419, despois dunha disputa entre Hermerico e o rei vándalo [[Gunderico]], os vándalos atacaron ós suevos e atraparon a Hermerico na [[batalla dos montes Nervasos]]. O xeneral romano [[Asterio (comes Hispanorum)|Asterio]] intervén e os vándalos retroceden, marchanado cara á [[Bética]].<ref name="Thompson165">Thompson, 165.</ref> Despois de que os vándalos deixasen a península cara a África no ano 429, Hermerico permaneceu pacífico, pero no ano 430 comezou a atacar Gallaecia.<ref name="Thompson165"/>
 
En 431, un [[galaicos|galaico]] chamado [[Hidacio]] pídelle axuda a [[Aecio|Flavio Aecio]] para loitar contra os suevos, mais Aecio demorou até o ano 432 o envío do conde (comes) [[Censorio]]. Segundo a ''Crónica'' de Hidacio dos eventos contemporáneos, os plebeos galaicos fixéronse fortes nos lugares mellor fortificados e derrotaron a Hermeric e os seus homes, causándolles moitas baixas e tomando moitos prisioneiros, o cal obrigou ós suevos a liberar as familias dos galaicos que estaban cautivas (430).<ref name="Thompson178">Thompson, 178.</ref>
 
En [[438]] asociou ó seu fillo [[Requila]] ó trono.