Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019»

engado resumo
(engado resumo)
En Lalín xuntámonos na estupenda aula CeMIT con ordenadores de última xeración e tódalas comodidades precisas e despois dos saúdos e presentacións puxémonos a comezar o obradoiro. Comentamos en xeral o que é Wikidata, a súa importancia e a súa potencia, este é un proxecto que pode ser de moita utilidade no futuro na Galipedia e por iso non podemos quedarnos desenganchando del.
 
Comezamos a comentar as cousas máis doadas, como comezar as primeiras edicións en Wikidata, como crear unha nova páxina Q e engadirlle propiedades e tamén revisamos as diferentes propiedades das páxinas das persoas. Falamos tamén dunha cousa tamén importante, engadir referencias en Wikidata, que tamén son necesarias, e dunha cousa que interesa moito na Galipedia, a obtención automática da información de Wikidata nos artigos...
 
Durante a mañá fomos facendo pequenos exemplos e exercicios destas modificacións para que todos puidesen practicalos e presentar as súas dúbidas ou problemas que atopaban.
 
Unha cousa que debemos ter en conta é que Wikidata non pode ser enchida polos usuarios, os usuarios só deben organizala, estruturala e pouco máis, a gran parte do traballo faise con bots que sacarán a información de bases de datos oficiais. Este é un dos futuros de Wikidata. Iso si, se hai algún dato incorrecto ou que aínda non estea en Wikidata e queiramos que apareza, podemos engadilo sen problema.
 
Comentamos tamén que un traballo que é de interese en Wikidata é traducir ó galego descricións de propiedades e cousas así. [https://w.wiki/8$j Nesta ligazón] hai unha lista de termos que están sen traducir para quen queira ir adiantando traballo.
 
Despois de toda a mañá traballando a todo tren, fomos ó papeo nun sitio estupendo e moi preto do Auditorio, todo perfectamente organizado! :)
 
Pola tarde seguimos coa parte "dura" do programa :) e falamos de cómo facer consultas básicas no servizo SPARQL e tamén un pouco, como xerar listas co modelo Wikidata list.
 
Na última media hora, o único rato que puidemos "rapiñar" en todo o día de todo o que traballamos, estivemos falando dos temas pendentes da asociación A3GAL aproveitando que asistimos varios socios. Comunicamos o estado das contas, decidimos facer o primeiro listado de socios, revisamos as tarefas pendentes e falamos un pouco de como ir dándolles para diante. Unha das cousas que máis tratamos, foi como facer para crear un formulario de alta de novos socios, quedamos en preparar un correo para consultar os termos legais deste proceso á asociación ProBono.
 
== Véxase tamén ==
94.132

edicións