Martiño de Dumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|, <br> → <br/> (2)
m →‎II Concilio de Braga: ligazóns internas
Liña 5:
[[Ficheiro:MartindeBraga-Albelda.jpg|miniatura|Representación de Martiño de Dumio nunha miniatura da ''[[Crónica Albeldense]]'', (ca. [[976]]).<br/>Biblioteca do [[Mosteiro do Escorial]].<br/>Á esquerda, pódese ler ''Martinus episcopus bracarensis''.]]
 
San '''Martiño de Dumio''', nado en [[Pannonia|Panonia]] (actual [[Hungría]]) contra [[510]] ou [[520]] e finado en [[Braga]] no [[579]] ou [[580]], tamén chamado '''san Martiño Dumiense''', '''san Martiño de Dume''' ou '''san Martiño de Braga''', foi un relixioso [[Cristianismo|cristián]] do século VI.
 
Está considerado como o apóstolo dos [[suevos]], responsable maior da súa conversión do [[arianismo]] ao [[catolicismo]]. A súa obra eclesial e literaria, presentando un [[cristianismo]] adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da [[Antigüidade clásica]]; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de [[herexía]] e as súa relacións cos [[ReinoLista Suevode reis suevos|reis suevos]], anuncian o ideal episcopal de [[Leandro de Sevilla|Leandro]] e [[Isidoro de Sevilla]].<ref name="F">Fontaine, Jacques (2002),; páx. 55.</ref>
 
Foi [[Diocese de Dumio|bispo de Dumio]] e de [[Arquidiocese católica latina de Braga|Braga]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Martinho de Dume.JPG|miniatura|180px|Estatua de Martiño de Dumio en [[Braga]], [[Portugal]].]]
 
Membro dunha importante familia romana da antiga provincia de [[Panonia]] (actual [[Hungría]]), ingresa pronto no clero e moi novo trasládase a [[Palestina (rexión)|Palestina]] a visitar os [[Terra Santa|Santos Lugares]]. Alí reside durante varios anos e entra en contacto co florecente [[Monacato|movemento monástico]] que se desenvolve nas montañas de [[Xudea]].
 
=== Gallaecia ===
Sen coñecerse exactamente a razón, talvez por tratarse ''Gallaecia'' dun reino cristián independente de [[Roma]] pero fóra do [[catolicismo]], decide trasladarse ao [[Reino Suevosuevo|Reino dos suevos]] —ao que nin principio se refire como ''Finis Terrae''—, cuxa clase dirixente era en gran parte [[arianismo|ariana]].
Na súa viaxe pasa algún tempo nas [[Galia]]s e chega á [[Gallaecia]] en torno ao [[550]]. Entón a antiga cidade romana de [[Bracara Augusta]], capital da provincia romana de [[Gallaecia]], pasa a converterse na capital do [[Reino Suevo]]suevo.
 
=== Mosteiro de Dumio ===
Liña 31:
Amais de batallador pola ortodoxia contra os arianos, foi tamén un fecundo escritor. Entre as principais obras, están os ''Escritos canónicos e litúrxicos''. Ttraduciu os ''Pensamentos dos padres exipcios''.
 
Martiño de Dumio é unha figura de capital importancia para a historia da cultura e lingua tanto galega como portuguesas. De feito, considerando indigno de bos cristiáns que se continuase a chamar os [[Día|días da semana]] segundo os nomes [[latínLingua latina|latinos]] [[pagánPaganismo|pagáns]]s de ''Lunae dies, Martis dies, Mercurii dies, Jovis dies, Veneris dies, Saturni dies e Solis dies'', foi o primeiro en usar a terminoloxía eclesiástica para os designar (''Feria secunda, Feria tertia, Feria quarta, Feria quinta, Feria sexta, Sabbatum, Dominica Dies''), de onde proveñen os nomes dos días actuais en [[lingua portuguesa]] e aínda presente nalgunhas falas galegas: (segunda-feira, terça/terceira/terza-feira, quarta/corta-feira, quinta-feira, sexta-feira, sábado e domingo), caso único entre as linguas neolatinas, dado ter sido a única en substituír enteiramente a terminoloxía pagá pola cristiá.
 
Clara proba da forte acción desenvolvida por Martiño e seus sucesores na eliminación de formas pagás. Tentouno tamén cos nomes dos [[planeta]]s, ámbito onde non logrou o mesmo éxito e por iso aínda hoxe se denominan polos seus nomes clásicos e pagáns.
Liña 42:
== Labor político ==
[[Ficheiro:Ariamirogaliza.jpg|miniatura|200px|O rei Teodomiro cos bispos Lucrecio, André e Martiño.]]
Chega a Galicia no ano [[550]], e foi o máximo impulsor do esplendor cultural e político do [[Reino Suevosuevo]]. Moi próximo ao rei suevo [[Teodomiro (reidos suevo)Suevos|Teodomiro]], anímao ao goberno do reino apoiándose na xerarquía eclesiástica galaica e logra que abxure do [[arianismo]] e se bautice como [[catolicismo|católico]] en [[560]], atraendo con el á maoor parte da poboación do reino.
 
Os concilios de Braga son a máxima expresión desa concepción do goberno, que busca a lexitimidade no apoio da Igrexa galaico-romana. Tratábase dunha actitude de reafirmación política fronte ao arianismo do [[Reino Visigodovisigodo]] hispano.
 
=== I Concilio de Braga ===
 
Presidiu o [[primeiro Concilio de Braga]], convocado polo papa [[Xoán III, papa|Xoán III]] para poñer fin á querela suscitada pola doutrina [[priscilianismo|prisciliana]],m que de celebra no ano [[561]] (ou 563). Martiño contribúe á condena doutrinal e moral do priscilianismo:
{{Cita|''"...Non se limitou á restauración da disciplina clerical, das cerimonias litúrxicas e da ortodoxia [[Primeiro Concilio de Nicea|nicena]], aínda seriamente ameazada, en Galicia, pola persistencia tenaz da herexía priscilianista ..."''}}
 
=== II Concilio de Braga ===
[[Ficheiro:Miro, Suevic king of Galicia, and Martin of Braga.png|miniatura|180px|O rei [[Miro]] de Galicia con Martiño de Braga.]]
En xuño do amoano [[572]] preside o [[segundo Concilio de Braga]] no que os bispos da ''[[Gallaecia]]'' en presenza do rei suevo [[Miro]] establecen as liñas de actuación misional e de práctica litúrxica e moral desta igrexa particular. Mandou engadir ás ''Actas'' deste concilio unha recompilación metódica de oitenta e catro cánones tomados dos sínodos dos [[Padres da Igrexa|Padres orientais]] da Igrexa, postos en orde e reunidos polo mesmo bispo Martiño.<ref name="F" />
 
Mandou engadir ás ''Actas'' deste concilio unha recompilación metódica de oitenta e catro cánones tomados dos sínodos dos [[Padres da Igrexa|Padres orientais]] da Igrexa, postos en orde e reunidos polo mesmo bispo Martiño.<ref name=F/>
 
=== Vertrebración do Reino Suevo ===
Liña 71 ⟶ 69:
== Influencia sobre os visigodos e os francos ==
 
O seu labor tivo continuidade no reino visigodo. [[Isidoro de Sevilla]] ou [[Gregorio de Tours]], mestres de visigodos e francos respectivamente, así como os [[Concilios de Toledo]], considerárono, xa daquela santo, doutor e [[PaisPadres da Igrexa|paiPai da Igrexa]]. Cando o reis visigodos se converten ao cristianismo romano imitan o seu modelo.
 
A súa influencia sobre os bispos sevillanos [[Leandro de Sevilla|Leandro]] e [[Isidoro de Sevilla|Isidoro]] despréndese con claridade do eloxio que lle dedicou Isidoro:
Liña 78 ⟶ 76:
[[Ficheiro:Hispania3c.JPG|miniatura|250px|[[Hispania]] no século VI.]]
 
Foi precisamente na segunda metade do [[século VI]] en que se produce unha prolongada crise cando, tras o asasinato de [[Teudiselo]] en [[Sevilla|Hispalis]] ([[549]]), o pretendente [[Atanaxildo]] pide axuda ao [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]] que ocupa a franxa meridional da [[península Ibérica]].
 
Eloxiado polos seus contemporáneos [[Venancio Fortunato]], (''Venantius Honorius Clementianus Fortunatus'') bispo de [[Poitiers]] e [[Gregorio, bispo de Tours]].<ref>Fontaine, ''Op. cit.'', páx. 56.</ref>