Bernardino Rivadavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Benito Rivadavia | Benito Bernardino González de Rivadavia]], avogado e comerciante en [[Buenos Aires]] e natural de [[Monforte de Lemos]]. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en [[Buenos Aires]] o [[13 de xaneiro]] de [[1755]], era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de [[Monforte]], e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla á súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de [[Camariñas]], e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en [[Cádiz]].<ref>{{Cita libro | Los Urien, Pertiné, Julio Jorge (h),Revista del Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas|1975|p=442}}</ref>
 
Durante as invasións inglesas [[1806]] participou como tenente no [[Tercio de Gallegos]]. Entre [[1811]] e [[1826]] ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de [[España]] (mais sendo acusado nas divisións internas dos Tercios de "españolista"<ref>[[https://www.elhistoriador.com.ar/rivadavia-y-la-primera-renuncia-de-un-presidente/ "Bernardino Rivadavia"{{en}}]]</ref>), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de esclavos, estando en máis de unha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en [[1826]] foi electo o primeiro presidente da [[Arxentina]]. <ref>[[https://www.britannica.com/biography/Bernardino-Rivadavia "Bernardino Rivadavia"{{en}}]]</ref>