Bernardino Rivadavia: Diferenzas entre revisións

político arxentino
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Biografía}} '''Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia''', foi o primeiro presidente da Arxentina. Naceu o 20 de maio de 1780 en Buenos Aires e morreu..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2019 ás 12:48

Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia, foi o primeiro presidente da Arxentina. Naceu o 20 de maio de 1780 en Buenos Aires e morreu en Cádiz o 2 de setembro de 1845.

Infotaula de personaBernardino Rivadavia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1780 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte2 de setembro de 1845 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Nación Arxentina
8 de febreiro de 1826 – 27 de xuño de 1827
← Juan Gregorio de las Heras (pt) TraducirVicente López y Planes (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nacional de Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , diplomático Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Unitário (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuana del Pino Editar o valor em Wikidata
PaiBenito Rivadavia Editar o valor em Wikidata
IrmánsSantiago Rivadavia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 13871988 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Era fillo de Benito Bernardino González de Rivadavia, avogado e comerciante en Buenos Aires e natural de Monforte de Lemos. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1755, era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de Monforte, e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla á súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de Camariñas, e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en Cádiz. (. Nº 20, 1982).Modelo:S475[1].

Durante as invasións inglesas 1806 participou como tenente no Tercio de Gallegos. Entre 1811 e 1826 ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de España (mais sendo acusado nas divisións internas dos Tercios de "españolista"[2]), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de esclavos, estando en máis de unha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en 1826 foi electo o primeiro presidente da Arxentina. [3]

Goberno

Durante o seu goberno criáronse diversos museos locais e o Museo Argentino de Ciencias Naturales, a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o Brasil, na disputa polo provincia Cisplatina, actual Uruguai.

Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de enfiteusis, que intetou promover a colonización, así como o debate sobre o usurario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de Buenos Aires, e a división da provincia en tres parecelas, arrebatando as rentas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a enemistade pública cos federalistas [4] Culminando en 1828 co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de Buenos Aires. Un ano antes ,en 1827, Rivadavia renuncia ao goberno e exilíase na Europa.

Morreu en Cádiz aos 65 anos.

Notas