Arqueas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
As arqueas e as bacterias son bastante similares en tamaño e forma, aínda que unhas poucas arqueas teñen formas moi pouco comúns, como as células de forma cadrada aplanadas de ''[[Haloquadratum|Haloquadratum walsbyi]]''<ref>Non confundir con ''[[Haloarcula]] quadrata'', que ten forma similar e foi atopada nas mesmas lagoas salinas.</ref>. Malia a súa semellanza en aspecto coas bacterias, as arqueas posúen [[xene]]s e varias [[vía metabólica|rutas metabólicas]] que son máis parecidas aos dos eucariotas, como os [[encima]]s implicados na [[transcrición xenética]] e na [[tradución de proteínas]]. Outros aspectos da bioquímica das arqueas son tamén exclusivos, como o feito de presentaren enlaces [[éter]] nos seus lípidos da [[membrana plasmática]].<ref name="De Rosa"/> As arqueas utilizan unha variedade de fontes de enerxía moito maior ca os eucariotas, que van desde compostos orgánicos correntes como azucres, a [[amoníaco]], ións metálicos ou mesmo gas [[hidróxeno]]. As arqueas tolerantes ao sal (as [[haloarquea]]s) utilizan a luz do sol como fonte de enerxía, e outras especies de arqueas [[fixación do carbono|fixan o carbono]]; pero, a diferenza de [[planta]]s e [[cianobacteria]]s, ningunha especie de arqueas pode facer as dúas cousas. As arqueas [[reprodución asexual|reprodúcense asexualmente]] por [[fisión binaria]], [[fragmentación (reprodución)|fragmentación]] ou [[xemación]], pero, a diferenza de bacterias e eucariotas, ningunha forma [[espora]]s.<ref name="de Queiroz" />
 
Inicialmente, as arqueas eran consideradas todas [[extremófilo|extremófilas]] que vivían en ambientes con duras condicións, como [[fonte hidrotermal|fontes termais]] e [[lago salgado|lagos salgados]], pero desde entón atopáronse arqueas nos máis diversos [[Hábitat (ecoloxía)|hábitats]], como o [[solo]], [[océano]]s, [[pantano]]s e no [[colon]] humano.<ref name="DeLong"/> As arqueas son especialmente numerosas nos océanos, e as arqueas do [[plancto]] poden ser un dos grupos de seres vivos máis abundantes do planeta. As Archaea son hoxe recoñecidas como unha parte fundamental da vida na Terra, xa que xogan un papel nos [[ciclo do carbono|ciclos do carbono]] e do [[ciclo do nitróxeno|nitróxeno]]. Non existen exemplos claros de arqueas [[patóxeno|patóxenas]] ou [[parasito|parasitas]], pero si de [[Mutualismo|mutualistas]] ou [[comensalismo|comensais]]. Un exemplo son os [[metanóxeno]]s que habitan nos intestinos de humanos e [[ruminante]]s; nestes últimos a súa grande abundancia facilita a [[dixestión]]. Os metanóxenos utilízanse para a produción de [[biogás]]<ref name="Schiraldi" /> e no [[tratamento de augas residuais]],<ref name="Schimel" /> e certos [[encima]]s de arqueas, que poden resistir altas temperaturas e solventes orgánicos, utilízanse en [[biotecnoloxía]].
 
== Historia ==