Cemiterio de Montjuïc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Camposanto de Montjuic movida a Camposanto de Montjuïc: topónimo oficial
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''camposanto de MontjuicMontjuïc''' (Cementiri de Montjuïc en [[catalán]]) é o maior do termo municipal de [[Barcelona]], e ocupa a práctica totalidade da ladeira sur da montaña de [[MontjuicMontjuïc]].
 
O camposanto foi inaugurado en marzo de 1883. Esta obra foi posible debido á expansión demográfica unida á forza económica da burguesía barcelonesa. Este gran espazo viu suplir o problema que se plantexaba na cidade coa falta do mesmo nos pequenos camposantos de barrio repartidos pola cidade, que por unha parte xa non podían crecer debido á presión urbanística dos seus arredores, e que ademais agotaran xa a súa capacidade de inhumación. Camposantos históricos como os de [[Camposanto de Poble Nou|Poble Nou]], Horta, Sant Gervasi, Les Corts, Sant Andreu, foran quedándose pequenos para a cidade, e Montjuic era a solución momentánea a este problema. Posteriormente pasaría o mesmo co novo camposanto, pois a cidade seguía crecendo demograficamente e o espazo libre íase acabando. Houbo que abrir un novo camposanto fóra do termo municipal de Barcelona, que tivese un uso como camposanto metropolitano. Así naceu o [[Camposanto de Collserola]], no termo de [[Cerdanyola del Vallès]].