Juan Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
m Cambio de ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 13:
A súa biografía é ben coñecida grazas aos traballos de [[Andrés Giménez Soler]] e [[Aurelio Pretel Marín]]. Foi educado como un nobre, en artes como a [[equitación]], a [[Cinexética|caza]] ou a [[esgrima]], mais os seus aios preocupáronse de que aprendese amais [[latín]], [[historia]], [[dereito]] e [[teoloxía]]; desta completísima educación hai recordos no capítulo LXVII do seu ''[[Libro de los estados]]''. Aínda que nalgunhas ocasións proclamábase leigo nas súas obras, esa declaración era convencional e obedecía ao tópico da humildade, para compartir a ignorancia do seu público por cortesía pedagóxica; en realidade era un sabio con coñecementos enciclopédicos, que dominaba o latín e o italiano, aínda que non o grego.
 
A súa relixiosidade era de inclinación tomista, vinculada á [[orde de Santo DomingoDomingos]].{{Harvnp|Pedraza Jiménez e Rodríguez Cáceres|1981|p=}} Literariamente, a súa formación incluíu a lectura de diversos poemas do [[mester de clerecía]] (''[[Libro de Alexandre]]'', ''[[Libro de Apolonio]]''...), os tratados de [[Raimundo Lulio]], a obra de [[Afonso X]] (especialmente, a ''[[Estoria de España]]''), varios libros doutrinais como a ''[[Disciplina clericalis]]'' de [[Pedro Alfonso]], e coleccións de sentenzas, proverbios e ditos de sabios traducidos de linguas orientais ou do latín ao castelán (''[[Calila e Dimna]]'', ''[[Sendebar]]''...), etc.
 
Era un grande afeccionado á caza, disciplina á que dedica por enteiro o ''Libro de la Caça''. Nel descríbese a fauna de gran parte dos seus señoríos, pois coñecíaa polas súas experiencias cinexéticas, especialmente a caza con falcóns. No devandito libro tamén realiza descricións xeográficas dos términos municipais que menciona.