Unha primavera para Aldara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Cambio de ligazón
Liña 31:
Un día pide acollida no mosteiro Don Nuno, un cabaleiro que fai fronte ao [[Conde de Lemos]] na [[Gran Guerra Irmandiña]]. Alí pasa dous meses, desde febreiro a abril. Ao ir curarlle as feridas, Aldara -a abadesa- descobre que Don Nuno é en realidade unha muller, chamada Nona. Co tempo inician unha relación amorosa. Pola súa banda, Xoana -a leiga- ten amoríos cun labrego, e Sancha -a criada da muller viúva- ten unha relación con Pero, o criado de Don Nuno.
 
Don Nuno, xa recuperado, volve á guerra. Xoana queda preñada e a comunidade coida da meniña. Ao cabo dun tempo chegan ao mosteiro dous frades [[Orde Dominicados Predicadores|dominicos]] enviados polo [[bispo]] para velar pola boa xestión do mosteiro, co propósito de desposuír ás monxas do mesmo e convertelo en [[seminario]]. A boticaria, con celos da abadesa, acusa Aldara ante os frades de ser a nai da meniña, conseguindo así o favor do bispo para se converter ela en abadesa doutro convento.
 
De socato chega Pero para informar da morte de Don Nuno, indicando que o seu desexo era ser soterrado a carón do mosteiro.