Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 188.127.170.187 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Etiqueta: Reversión
Liña 47:
O '''Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat''' {{Códigos aeroportuarios|BCN|LEBL}} é un [[aeroporto]] [[España|español]] da rede de [[AENA]] que dá servizo á cidade de [[Barcelona]]. Atópase 10&nbsp;km ao suroeste da cidade, no municipio de [[El Prat de Llobregat]], a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de [[Cataluña]], e o segundo de maior tráfico de España tralo [[Aeroporto de Madrid-Barajas|Aeroporto de Barajas]] ([[Madrid]]),<ref>O [[Aeroporto de Palma]] posúe puntas de tráfico moito maiores no verán que o Aeroporto de Barcelona, pero o cómputo global anual é lixeiramente inferior</ref> co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.<ref>[http://www.oag.com/oag/website/com/OAG+Data/News/Press+Room/Press+Releases+2006/OAG+reveals+the+worlds+busiest+routes+070906] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080118193829/http://oag.com/oag/website/com/OAG+Data/News/Press+Room/Press+Releases+2006/OAG+reveals+the+worlds+busiest+routes+070906 |date=18 de xaneiro de 2008 }} Nota de prensa da noticia</ref> Ademais é o oitavo aeroporto de [[Europa]] por pasaxeiros e o 35º do mundo.
 
== Historia{{WAL}} ==
O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar ([[Viladecans]]) en [[1916]] en terreos dunha granxa avícola chamada ''La Volatería'', da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en [[El Prat de Llobregat]] a uns centos de metros do anterior emprazamento. O primeiro avión en aterrar foi un [[Latecoere Salmson 300]] da liña de [[Pierre-Georges Latécoère]], que chegou de [[Tolosa, Francia|Tolosa]] con destino final [[Casablanca]]. O aeroporto foi utilizado como sede do [[Aeroclub de Cataluña]] e como base para a frota de [[Zeppelin]] e hidroavións da [[Armada Española|Armada]] e do [[Exército de Terra Español]]. Os servizos comerciais regulares comezaron en [[1927]] coa liña de [[Iberia LAE|Iberia]] que o unía co [[Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos|Aeroporto de Cuatro Vientos]] de [[Carabanchel Alto]]. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.