Comarca de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: ligazóns internas
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 77:
A chegada dos romanos cambiou substancialmente o val. O principal elemento romanizador foi a construción da [[Vía Nova|Vía XVIII]] da que quedan como mostra varias pontes na actualidade. Tras os romanos, que buscaban o [[ouro]] que había no río Sil, chegaron os [[suevos]] e os [[visigodos]] e posteriormente, a repoboación, o cristianismo e a influencia das ordes monásticas.
 
En 1624 púxose en marcha o [[Santuario de Nosa Señora das Ermidas|mosteiro das Ermidas]], que se converteu no máis importante lugar de culto da comarca. Durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], o val de Valdeorras asistiu a diversas escaramuzas entre as tropas francesas por unha banda e o exército inglés xunto coas tropas españolas e os guerrilleiros locais.
 
En 1822, esta comarca, xunto coa veciña de [[Comarca de Trives|Trives]], pertenceu á provincia do Bierzo (a [[provincia do Vierzo]]), coa que aínda pertencendo hoxe día a provincias diferentes, León e Ourense, manteñen importantes lazos económicos e de servizos. En 1833 separouse a provincia berciana en dúas; segundo o deputado leonés, [[Benito Lobato]], “era partidario de deixar para Ourense unha parte do Bierzo con tal de manter a maior porción con León (…)”.