Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Liña 180:
A expansión do [[imperio español]] no Novo Mundo foi levada a cabo desde Sevilla, sen a dirección próxima dos dirixentes de Madrid. Carlos I e Filipe II estiveron principalmente ocupados cos seus deberes en Europa, e así o control das Américas foi levado por [[vicerrei]]s e administradores coloniais que funcionaban con efectiva autonomía. Os reis Habsburgos consideraron as súas colonias como sociedades feudais en vez de partes integrantes de España. Os Habsburgo, familia que gobernara tradicionalmente sobre diversos dominios non contiguos e fora forzada a delegar autonomía a administradores locais, duplicaron estas políticas feudais en España, particularmente no [[País Vasco]], [[Navarra]] e [[Aragón]].
 
Isto significou que os impostos, a mellora de infraestruturas e as políticas de comercio interior foron definidas independentemente por cada rexión, levando a moitas barreiras de aduanas interiores e peaxes, e políticas contraditorias ata dentro dos dominios dos Habsburgo. Carlos I e Filipe II foron capaces de dominar as diferentes cortes a través da súa impresionante enerxía política, pero Filipe III e IV permitiron que decaera, e Carlos II foi completamente incapaz de controlalas. O propio desenvolvemento de España foi obstaculizado polo feito de que Carlos I e Filipe II pasasen a maioría do seu tempo no estranxeiro; durante a maior parte do século XVI, España foi administrada desde [[Bruxelas]] e [[Antuerpen]], e foi só durante a [[Guerra dos Oitenta Anos|Guerraguerra de Flandres]] que Filipe regresou a España, onde pasou a maioría do seu tempo en retiro no palacio monástico de [[Mosteiro do Escorial|El Escorial]]. O desigual imperio, mantivose unido por un decidido rei que conservaba a inchada burocracia xunta, desenmarañouse cando un débil gobernante chegou ao trono.
 
Houbo intentos para reformar a anticuada burocracia española. Carlos I, ao converterse en rei, chocou cos seus nobres durante a [[Guerra das Comunidades de Castela]] cando intentou ocupar posicións de goberno con efectivos oficiais holandeses e flamengos. Filipe II atopouse cunha importante resistencia cando intentou impor a súa autoridade sobre os Países Baixos, contribuíndo á rebelión nese país. O [[Conde-Duque de Olivares]], ministro xefe de Filipe IV, sempre considerou esencial para a supervivencia de España que a burocracia estivese centralizada; Olivares ata apoiou a unión completa de Portugal con España, aínda que nunca tivo a oportunidade de facer realidade as súas ideas. Sen a man firme e dilixencia de Carlos I e Filipe II, a burocracia fíxose cada vez máis inchada e corrupta ata que, pola destitución de Olivares en 1643, volveuse obsoleta.