Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino parámetro redundante
Arranxiño
Liña 32:
Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou a Igrexa a que revisase aquel xuízo [[inquisición|inquisitorial]], ditaminando o papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]] a inconveniencia da súa reapertura naqueles momentos, debido aos recentes éxitos militares de Francia sobre Inglaterra e á posibilidade de que os ingleses o tomasen, naqueles delicados momentos, como unha afronta por parte de [[Roma]]. Doutra banda, a familia de Xoana tamén reuniu as probas necesarias para a revisión do xuízo e envioullas o Papa, pero este negouse definitivamente a reabrir o proceso.
 
Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o español[[Reino de Valencia|valenciano]] [[Calisto III, papa|Calisto III]] (Alfonsonado como Alfons de Borja i de Llançol) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no [[século XX]], foi beatificada en [[1909]] polo papa [[Pío X, papa|Pío X]] e posteriormente declarada santa en [[1920]] polo papa [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de [[Francia]].<ref>Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". [http://www.stjoan-center.com/Trials/null13.html] (Recuperado o 12 de febreiro de 2006) {{en}}</ref>
 
A súa fama estendeuse inmediatamente logo da súa morte: venerada pola [[Liga Católica]] no [[século XVI]], adoptada como símbolo cultural polos círculos patrióticos franceses dende o [[século XIX]], foi unha inspiración para as forzas aliadas durante a [[Primeira guerra mundial|primeira]] e a [[segunda guerra mundial]].