Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Cultura: arranxiños
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 86:
A [[Igrexa católica|Igrexa]] interveu nos anos [[1160]] a favor de [[Magnus V de Noruega|Magnus Erlingsson]], que sería o primeiro monarca noruegués en ser coroado. Ao mesmo tempo, por influencia da Igrexa, redactouse a primeira lei de sucesión escrita, que estipulaba a condición de fillo lexítimo para alcanzar o trono. Porén, os seus opositores uníronse, co patrocinio do clero, na facción coñecida como os ''[[bagler]]''. Desde [[1208]] até [[1217]], o país quedou dividido pola guerra entre ambos os partidos, ata que se alcanzou a reconciliación e o rei [[Haakon IV de Noruega|Haakon IV]] foi recoñecido polas dúas faccións en [[1217]].
 
[[Haakon V de Noruega|Haakon V]], rei desde [[1299]], trasladou a capital a [[Oslo]], casou cunha princesa [[Alemaña|alemá]] e tentou incrementar a influencia norueguesa en [[Escandinavia]], participando en conflitos internos de [[Suecia]]. Esa política levaría á unión de Noruega cos seus veciños por longos períodos. Así pois, aínda que unidos baixo un mesmo monarca, Suecia e Noruega mantivéronse como reinos independentes, coas súas propias leis e o seu propio Consello. Magnus VII tivo dous fillos, e os dous Consellos acordaron que se outorgase o trono dun país a cada un deles. Magnus abdicou a coroa norueguesa no seu fillo [[Haakon VI de Noruega|Haakon VI]] en [[1362]], que casou coa princesa [[Margarida I de Dinamarca|Margarida de Dinamarca]], sendo o seu único fillo, [[Olav IIIII de Dinamarca|Olav]], rei de Dinamarca en [[1375]] e á morte de Haakon VI en [[1380]], tamén en rei de Noruega. Desde entón, salvo breves excepcións, Noruega permanecería unida a Dinamarca até [[1814]].
 
[[Olav IIIII de Dinamarca|Olav IV]] morreu á idade de 17 anos, e con el extinguiuse a dinastía dos Folkung en [[Escandinavia]]. A súa nai, [[Margarida de Dinamarca]], quen xa gobernaba como rexenta, foi nomeada raíña de Dinamarca en [[1387]] e de Noruega en [[1388]]. Enfrontouse ao poder da [[Liga Hanseática]] e interveu en Suecia contra o goberno do príncipe alemán Alberte de Mecklemburgo. Unha vez nomeada raíña en Suecia, constituíu a [[Unión de Kalmar]] en [[1397]], chamada así pola cidade sueca onde se reuniron os consellos reais do tres reinos para acordar os termos da unión. Esta foi unha unión persoal baixo a éxida de Margarita, mais os tres reinos manténdose [[de facto]] independentes politicamente.
 
=== Unión con Dinamarca ===