Emma Watson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Borrando información falsa.
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Oier.A 9 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Etiqueta: Reversión
Liña 39:
[[Ficheiro:Harry Potter cast.jpg|miniatura|esquerda|180px|Pegadas das mans e pés de dos protagonistas da saga Harry Potter.]]
[[Ficheiro:Emma Watson GoF Premiere Crop.jpg|miniatura|dereita|Watson na estrea de ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)|Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'' en novembro de 2005.]]
O debut de Watson como Hermione Granger chegou en 2001, coa estrea de ''[[Harry Potter e a pedra filosofal (filme)|Harry Potter e a pedra filosofal]]'', película que bateu récords de público durante a súa primeira fin de semana, sendo a produción máis exitosa dese ano. A crítica eloxiou, maioritariamente, o traballo da tríade protagonista, facendo fincapé na interpretación de Watson. O xornal inglés ''The Daily Telegraph'' describiu o seu traballo como «admirable», e IGN afirmou «fíxose dona da función». Watson foi nomeada a cinco premios polo seu traballo, acadando o Young Artist á Mellor interpretación xuvenil-Protagonista (Young Artist Award for Leading Young Actress).
.
 
Ó ano seguinte, Watson retomou o papel de Hermione en ''[[Harry Potter e a Cámara dos Segredos (filme)|Harry Potter e a Cámara dos Segredos]]'', a segunda entrega da serie. Aínda que o filme recibiu diversas críticas mixtas, en xeral, valorouse positivamente o traballo do elenco e Watson recibiu un premio Otto polo seu labor, outorgado pola revista alemá Die Welt.
 
En [[2004]] estreouse ''[[Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)|Harry Potter e o preso de Azkaban]]''. Watson destacou a personaxe de Hermione nesta terceira entrega, que definiu como «carismático» e «un gran papel para interpretar». A pesar de que a crítica comezou a cuestionar o traballo do protagonista [[Daniel Radcliffe]], Watson continuou recibindo críticas positivas; ''The New York Times'' eloxiou a súa interpretación, destacando que "afortunadamente o insípido traballo do señor Radcliffe queda compensado pola aguda impaciencia e rapidez da señorita Watson". Aínda que ''[[Harry Potter e o preso de Azkaban (filme)|Harry Potter e o preso de Azkaban]]'' permanece, a xaneiro de [[2008]], como o filme con menos público da serie, representou o maior éxito de Watson, recibindo dous premios Otto e o premio á Actuación xuvenil do ano da revista Total Film (Child Performance of the Year).
 
Coa estrea en 2005 de ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)|Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'', tanto Watson como a serie superaron tódolos rexistros anteriores. A película batiu récords de público na súa primeira fin de semana, tanto en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como no [[Reino Unido]]. Nomeada en tres premios polo ''Cáliz de fogo'', Watson foi galardoada cun Otto de bronce. No [[2006]] interpretou a Hermione en ''The Queen´s Handbag'', un mini episodio especial de ''Harry Potter'' para celebrar o oitenta aniversario da raíña [[Isabel II do Reino Unido|Sabela II]].
 
A quinta entrega, ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix (filme)|Harry Potter e a Orde do Fénix]]'', estreada en [[2007]], foi todo un éxito financeiro: estableceu a cifra récord, a nivel mundial, de $333,7 millóns na súa primeira fin de semana. Watson gañou o primeiro National Movie Award á mellor interpretación feminina e o premio á mellor actriz nos Nickelodeon Kids' Choice Awards. En xullo de 2007, Watson e os seus compañeiros [[Daniel Radcliffe]] e [[Rupert Grint]], deixaron as pegadas das súas mans, pés e variñas fronte ó Grauman's Chinese Theatre en [[Hollywood]].
 
== Filmografía ==