Xunta do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 9:
A pesar da positiva valoración que da actuación da Xunta do Reino fixeron historiadores como [[Manuel Murguía]], non foi unha institución realmente representativa do conxunto do reino, nin polos asuntos nos que entende e traballa nin polos intereses que defende. Actuou como un órgano intermedio, consultivo, de equilibrio entre as autonomías locais e os desexos rexios ós que case nunca se opuxo. Mantivo unha actitude pouco reivindicativa{{Cómpre referencia}} e isto estaba causado{{Cómpre referencia}} pola composición social da Xunta na que predominaban individuos pertencentes á pequena nobreza provincial e ás oligarquías urbanas, é dicir, por elementos da fidalguía intermediaria. A reforma liberal de [[1833]] acaba coa Xunta do Reino e tamén co Reino de Galicia, e fai aparecer as catro [[provincia]]s que se manteñen até o presente.
 
A historia da Xunta do Reino pode seguirse pola narracións dos seus cronistas oficiais (seguidoinstitucionalizado na actualidade co [[Cronista Xeral de Galicia]]), como [[Felipe de la Gándara]] no século XVII, así como de historiadores posteriores como [[Antonio López Ferreiro]].
 
==Notas==