Diferenzas entre revisións de «Sociedade de Nacións»

sen resumo de edición
(Cambiei "en aras de" por "en prol de")
[[Ficheiro:League of Nations Anachronous Map.PNG|miniatura|350px300px]]
A '''Sociedade de Nacións''' foi concibida ideoloxicamente no decurso da [[Primeira Guerra Mundial]], cando líderes coma [[Woodrow Wilson]] comezaron a defende-la necesidade dunha [[organización]] supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de [[1918]], [[Woodrow Wilson]] propuxo os seus [[Os 14 puntos de Wilson|catorce puntos]] entre os que figuraba a creación dunha ''Liga das Nacións''. A liga foi fundada axiña, na [[conferencia de Paz de París]] que tivo lugar en [[1919]], establecéndose a sede xeral en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] ([[Suíza]]). Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras{{Cómpre referencia}}.
 
Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos [[Estados Unidos de América|EUA]] negáronse a participar ao negárense a asinar o [[Tratado de Versalles]]. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o [[Iraq]] e [[Turquía]], [[Grecia]] e [[Bulgaria]] e [[Polonia]] e [[Lituania]], todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi capaz de deter as arelas militaristas de [[Italia]], [[Xapón]] e [[Alemaña]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] estivo inactiva e logo foi substituída polas [[Nacións Unidas]].
{{Control de autoridades}}
{{Sen referencias|data=setembro de 2019}}
{{Historia en progreso}}
 
[[Categoría:Idade Contemporánea]]
192.231

edicións