Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

m
→‎Tecnoloxía: arranxiño
(Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m (→‎Tecnoloxía: arranxiño)
Os [[Dispositivo de entrada|dispositivos de entrada]] son os que permiten ao xogador manexar o xogo. Aínda que é habitual o uso dun dispositivo de entrada externo —como son os clásicos [[Teclado de ordenador|teclado]] e [[Rato (informática)|rato]], o mando, ou o ''joystick''—, as plataformas portátiles de hoxe en día (''smartphones'', ''tablets'', videoconsolas de peto...) permiten xogar mediante a súa pantalla táctil ou mediante o movemento do propio aparello (grazas ao uso de xiroscopios e acelerómetros). Outros dispositivos de entrada son os [[Detector de movemento|detectores de movemento]], entre os que destacan os dispositivos de man (por exemplo o Wiimote de [[Wii]]), os de presión (alfombras ou soportes con sensores), os de dispositivos de realidade virtual como o PlayStation VR e os de captura de imaxes, caso do Kinect de Xbox. Tamén se pode empregar a voz naqueles videoxogos que a soporten a través de procesadores de voz.
 
Os [[Periférico|dispositivos de saída]] son aqueles que mostran as imaxes e os sons do videoxogo: un [[televisor]], un [[Monitor de computadora|monitor]] ou un [[Proxector de vídeo|proxector]] para o vídeo, e uns altofalantes ou auriculares para o son. Os equipos máis modernos utilizan son dixital con [[Dolby Surround]] con efectos [[EAX]] e efectos visuais modernos por medio das últimas tecnoloxías en [[Motor de xogo|motores de videoxogo]] e [[Unidade de procesamento gráfico|unidades de procesamento gráfico]].
 
A peza central do [[hardware]] constitúeo a CPU ou [[unidade central de procesamento]], que interpreta as instrucións contidas nos programas e procesa os datos. A súa capacidade de procesamento, maior en cada nova xeración de dispositivos, marca o límite das posibilidades técnicas e gráficas dos videoxogos.
104.536

edicións