Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Lingua éuscara
Liña 229:
[[Ficheiro:Fernando Álvarez de Toledo, III Duque de Alba, por Antonio Moro.jpg|miniatura|esquerda|175px|[[Fernando Álvarez de Toledo|Duque de Alba]].]]
 
O tempo de alegría en [[Madrid]] durou pouco. En [[1566]], os [[Calvinismo|calvinistas]] iniciaran unha serie de revoltas nos Países Baixos que provocaron que o rei enviase ao [[Fernando Álvarez de Toledo|duque de Alba]] á zona. En [[1568]], [[Guillerme I de Orange-Nassau]] encabezou un intento errado de botar ao Duque de Alba do país. Estas batallas considéranse como o inicio da [[Guerra de Flandres|guerra dos Oitenta Anos]], que concluíu coa independencia das [[Provincias Unidas]]. Filipe II, que recibira do seu pai a herdanza dos territorios da [[casa de Borgoña]] ([[Países Baixos]] e o [[Franco Condado]]), para que a poderosa Castela defendese de Francia o Imperio, viuse obrigado a restaurar a orde e manter o seu dominio sobre estes territorios. En [[1572]], un grupo de navíos rebeldes, de nacionalidade holandesa, coñecidos como os ''[[Mendigos do mar|watergeuzen]]'', tomaron varias cidades costeiras, proclamaron o seu apoio a Guillerme I e rexeitaron o goberno español.
 
Para España a guerra converteuse nun asunto sen fin. En [[1574]], os [[Terzo|Terzos de Flandres]], baixo o mando de [[Luís de Requesens]], foron vencidos no [[asedio de Leiden]] despois de que os holandeses rompesen os diques, causando inundacións masivas.
Liña 247:
No entanto, a derrota do [[Armada Inglesa|contraataque inglés]] contra España, dirixido por Drake e Norris en [[1589]], marcou un punto de inflexión na [[Guerra anglo-española de 1585-1604|Guerra anglo-española]] a favor de España. A pesar da derrota da Grande Armada, a frota española seguiu sendo a máis forte nos mares de Europa durante anos, a pesar de que en [[1639]], foi derrotada polos holandeses na [[batalla das Dunas (1639)|batalla naval das Dunas]], cando unha visiblemente exhausta España empezaba a debilitarse.
 
España involucrouse nas guerras de relixión francesas tras a morte de Henrique II. En [[1589]], [[Henrique III de Francia]], o último da liñaxe dos [[Valois]], morreu ás portas de París. O seu sucesor, [[Henrique IV de Francia|Henrique IV de Francia e III de Navarra]], o primeiro [[Casa de Borbón|Borbón]] rei de Francia, foi un home moi habilidoso, conseguindo vitorias clave contra a Liga Católica en [[Batalla de Arques|Arques]] (1589) e en [[Batalla de Ivry|Ivry]] ([[1590]]). Comprometidos con impedir que Henrique IV tomase posesión do trono francés, os españois dividiron o seu exército nos Países Baixos e invadiron Francia en [[1590]]. Implicada en múltiples frontes, a potencia hispana non puido impor a súa política no país galo e finalmente chegouse a un acordo na [[Paz de Vervins]] firmada o [[2 de maio]] de [[1598]].
 
=== «Deus é español» (1598-1626) ===