Parque natural de Montesinho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imaxes e arranxos.
Liña 16:
| Teléfonos de interese =
}}
O '''Parque Natural de Montesinho''' é un [[Espazo natural protexido|espazo natural]] [[Portugal|portugués]] catalogado como [[parque natural]] que acolle ao macizo montañoso de [[Serra de Montesinho|Montesinho]] e da [[Serra da Coroa|Coroa]] no norte do [[Distrito de Braganza|distrito de Bragança]], en [[Tras os Montes e Alto Douro|Trás-os-Montes e Alto Douro]]. Esta área de conservación ocupa 74.229 ha. do norte dos municipios de [[Vinhais]] e [[Bragança]] e limita coa [[Galiza]] e [[Zamora]].<ref name="ICNF">{{Cita web|url = http://www2.icnf.pt/portal/ap/p-nat/pnm/class-carac| título = Áreas protegidas: Parque Natural de Montesinho | editores = ICNF - Instituto da conservação da Natureza e das Florestas | dataacceso=14/9/2019}}</ref><ref name="DL35579">{{Cita publicación periódica | título = Decreto-lei 355/79, de 30 de Agosto | editores = Ministério da Habitação e Obras Públicas - Secretaria de Estado do Ordenamento Físico, Recursos Hídricos e Ambiente, República Portuguesa | xornal = Diário da República | número = 200/1979 | volume = Série I | data = 30/8/1979 | url = https://dre.tretas.org/dre/29943/decreto-lei-355-79-de-30-de-agosto| cita = Cria o Parque Natural de Montezinho.}}</ref><ref name="DR5A97">{{Cita publicación periódica | título = Decreto Regulamentar 5-A/97, de 4 de Abril | editores =Ministério do Ambiente, Governo de Portugal | xornal = Diário da República | número = 79/1997 | volume = 1º Suplemento, Série I-B | data = 4/4/1997 | url = https://dre.tretas.org/dre/80810/decreto-regulamentar-5-A-97-de-4-de-abril| cita = Procede à reclassificação do Parque Natural de Montesinho, dispondo sobre os seus objectivos e respectivos órgãos.}}</ref>. No parque están presente especies [[Península Ibérica|ibéricas]] e europeas [[Especies ameazadas|ameazadas]], como os [[Canis lupus|lobos europeos]] e [[cervo común|cervos]], ou [[Endemismo|endemismos]] como os das [[armeria]]s.
 
Nas raias galega e zamorana están continuos a este parque as [[Zona especial de conservación|zonas especiais de conservación]] (ZEC) da [[Pena Maseira]] e da [[Sierra de la Culebra]].<ref name="naturaPMaseira">{{Cita web| título = Natura 2000 - Standard Data Form: ES1130008 Pena Maseira | editores = Axencia Ambiental Europea - Unión Europea | dataacceso = 14/9/2019| url = http://natura2000.eea.europa.eu/Natura2000/SDF.aspx?site=ES1130008}}</ref><ref name="naturaSierraCulebra">{{Cita web| título = Natura 2000 - Standard Data Form: ES1190033 Sierra de las Culebra | editores = Axencia Ambiental Europea - Unión Europea | dataacceso = 14/9/2019| url = http://natura2000.eea.europa.eu/Natura2000/SDF.aspx?site=ES4190033}}</ref> De feito a Pena Maseira galega foi declarada como ZEC tamén coa finalidade de consolidar este parque portugués.<ref name="naturaPMaseira"/>
 
==Xeografía==
O parque natural de Montesinho está na área setentrional dos concellos de [[Vinhais]] e [[Bragança]], no [[Distrito de Braganza|distrito de Bragança]] da [[Rexión Norte, Portugal|rexión norte]] portuguesa. Esta Terra Fría [[Tras os Montes|transmontana]] limita coas fronteiras do sur da comarca galega de [[Comarca de Viana|Viana]] e coas comarcas [[Zamora|zamoranas]] da [[Seabra]], [[La Carballeda]] e [[Aliste]]. Na Bragança ocupa, na súa totalidade ou en parte, as [[freguesía]]s de Aveleda, Babe, Baçal, Bragança, Carragosa, Castrelos, Castro de Avelãs, Deilão, Donai, Espinhosela, França, Gimonde, Gondesende, Meixedo, Parâmio, Quintanilha, Rabal, Rio de Onor e Sâo Julião de Palácios. En Vinhais ocupa as de Edral, Fresulfe, Mofreita, Moimenta, Montouto, Paçó, Pinheiro Novo, Quirás, Santa Cruz, Santalha, Sobreiró de Baixo, Soeira, Travanca, Tuízelo, Vila Verde, Vila de Lomba, Vilar de Ossos, Vilar Seco da Lomba, Vinhais.<ref name="ICNF"/>
 
===Orografía===
O parque atópase nos sistemas montañosos da [[serra de Montesinho]] e [[serra da Coroa]]. De oeste a leste, neste espazo ás elevacións de montaña sucédenlle [[Val|vales]] encaixados e profundos. Así, as altitudes varían entre os 438 e os 1481 m.<ref name="ICNF"/>
 
=== Hidrografía===
[[Ficheiro:Rio_Tuela,_Santa_Cruz_0707_06.JPG|miniatura|dereita|Río Tuela ao seu paso por Santa Cruz, Vinhais.]]
Os [[Río|ríos]] que discorren polo espazo seguen un curso en dirección norte-sur e dan á bacía do [[río Douro]], e son dos que máis auga aportan lle aportan a este.
 
En Vinhais están os ríos [[río Mente|Mente]], [[río Rabaçal|Rabaçal]] e [[río Tuela|Tuela]]. O río Mente e o Rabazal nacen en terras galegas e o Tuela en terras zamoranas. O Mente, que nace preto da [[Pena Veidosa]], limita ao espazo natural polo leste e a el chegan tamén augas de [[Chaves, Portugal|Chaves]]. Os montes entre o río Mente e Rabazal e forman un perfil que se chama "terras de Lomba", por esa simetría ondulada entre os dous vales.
 
Na Bragança están os ríos [[Rio Sabor|Sabor]], [[Rio Mazás|Maçãs]] e [[Rio Baceiro|Baceiro]]. O río Sabor nace en Zamora e pasa preto da cidade de Bragança. O río Mazás nace en Zamora igualmente e limita en dous puntos o límite fronteirizo de Portugal e do espazo. O río Baceiro é un río menor e nace tamén en Zamora.
Liña 38:
 
===Xeoloxía===
O parque está asentado nun dominio onde dominan os [[Xisto|xistos]], inda que hai posicións con base de [[Granito|granitos]], rochas ultrabásicas ou puntos menores con [[Calcaria|calcarias]].<ref name="ICNF"/>
 
No norte do parque, que son as maiores altitudes, domina a rocha granítica. Na rexión central, entre Matas e Matos, dominan os xistos, que están asociados unha zona de complexos para-autóctonos. Nesta rexión dominan os grandes declives e os vales encaixados. Máis ao sur, entre Matos e Pinhais, este vales supoñen máis superficie. Na na rexión sur do parque, en Vinhais, o substrato é de rochas básicas e ultrabásicas dun complexo xeolóxico alóctono. Esta última área xeolóxica é a de maior extensión do parque.<ref name="ICNF"/>
Liña 47:
Entre a diversidade de flora do Montesinho destaca a vexetación serpentinícola e as súas carballeiras.<ref name="naturaLIC"/>
 
Unha extensión importante é a que ocupan as [[Queiroa|queirogas]] e as [[Xesta|xestas]], ou [[Matogueira|matogueiras]], nas zonas máis elevadas ou solos onde se deixou de cultivar. Nas zonas máis altas dominan as queiroas de ''[[Erica australis]]'' ssp. ''aragonensis'' e nas máis baixas a ''[[Cistus ladanifer]]'' ou ''[[Lavandula stoechas]]'' ssp. ''sampaiana''. En áreas con solos de maior profundidade aparecen as [[xesta]]s ''[[Cytisus scoparius]]'' e ''[[Cytisus striatus|C. striatus]]'' e ''[[Cytisus multiflorus|C. multiflorus]]''. Nas xesteiras dominan ''[[Erica tetralix]]'' e ''[[Genista anglica]]'' ou ''[[Echinospartum ibericum]]'', que só aparecen nas rexións máis altas do parque e en mosaicos. Nestas áreas están presentes endemismos como ''[[Ranunculus abnormis]]'', ''[[Doronicum pubescens]]'', ''[[Viola bubanii]]'', ''[[Gentiana pneumonanthe]]'' ou ''[[Caltha palustris]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
Outra son os lameiros, ou zonas de pastoreo de montaña, e que soen estar preto das zonas de ribeiras. Nestas áreas de alta diversidade dominan especies de [[gramíneas]] e [[Trevo|trevos]], pero aparecen outras máis infrecuentes como as [[Orquídea|orquídeas]], p.ex. ''[[Serapias lingua]]'', ou outras como ''[[Dactilorrhyza maculata]]'' ou ''[[Paradisea lusitanica]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
En canto á masa arbórea, nestas serras están presentes os soutos de castiñeiros (''[[Castanea sativa]]''), polo xeral explotados para o seu aproveitamento, as [[aciñeira]]s, en zonas máis baixas ou en abas e veigas, e carballeiras. As carballeiras danse nun continuo que chega ata o sur do parque, ata a [[serra de Nogueira]]. Estas carballeiras nas zonas máis baixas e de costas son de ''[[Quercus rotundifolia]]'' e nas maiores altitudes de ''[[Quercus pyrenaica]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
Nos solos ultrabásicos deste parque aparecen endemismos como ''[[Armeria eriophylla]]'', ''[[Anthyllis sampaiana]]'', ''[[Avenula pratensis]]'' ssp. ''lusitanica'', ''[[Linaria aeruginea]]'', ''[[Notholaena marantae]]'' ssp. ''marantae'' e a ''[[Santolina semidentata]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
Liña 57:
===Fauna===
[[Ficheiro:A_um_passo_do_precipicio.JPG|miniatura|]]
Este parque alberga unha importante [[Biodiversidade|diversidade]] animal. Chegáronse a contabilizar ata as 250 especies de [[vertebrados]] e alberga un alto número de endemismos e especies ameazadas.<ref name="ICNF"/>
 
Destaca por ser a área portuguesa con máis poboación do lobo (''[[Canis lupus]]''), e das máis significativas da península, xunto con Zamora, para a súa conservación.<ref name="naturaZEPA"/><ref name="naturaLIC"/> No parque están presentes poboacións de veados (''[[Cervus elaphus]]''), corzos (''[[Capreolus capreolus]]'') e gatos bravos (''[[Felis silvestris]]''). Do mesmo xeito, é un parque cunha alta riqueza de fauna acuática e de ribeira, como as dos ríos Sabor e Tua. Están presentes especies como a rata de auga ''[[Arvicola terrestris|(Arvicola terrestris)]]'', o auganeiro (''[[Galemys pyrenaicus]]''), as londras (''[[Lutra lutra]]'') ou os morcegos grandes de ferradura (''[[Rhinolophus ferrumequinum]]'').<ref name="ICNF"/> Nos ríos pódense atopar as troitas de río ''[[Salmo trutta]]'', ''[[Rutilus arcasii]]'', ''[[Chondrostoma arcasii]]'', ''[[Chondrostoma duriense]]'', ''[[Cobitis calderoni]]'' e os mexillóns de río (''[[Margaritifera margaritifera]]'')<ref name="ICNF"/>
 
Tamén habitan o parque as víboras ''[[Vipera latastei]]'', o lagarto das silvas (''[[Lacerta schreiberi]]'') e o tritón marmorado (''[[Triturus marmoratus]]'').<ref name="ICNF"/>
Liña 66:
 
====Aves====
O parque natural é tamén unha [[Zona de especial protección para as aves|ZEPA]] grazas a súa diversidade de [[Avifauna (núcleo zoolóxico)|avifauna]], que chega ata as 170 especies. Esas aves son en gran parte nidificantes e típicas de zonas de montaña.<ref name="naturaZEPA"/><ref name="ICNF"/> Están presentes aves infrecuentes como a aguia real (''[[Aguia real|Aquila chysaetos]]''), a cegoña negra (''[[Ciconia nigra]]''), a gatafornela (''[[Circus cyaneus]]''), o picanzo vermello (''[[Lanius collurio]]''), o melro rubio (''[[Monticola saxatilis]]'') ou a pica alpina (''[[Anthus spinoletta]]'').<ref name="ICNF"/>
 
==Cultura==
[[Ficheiro:Moinho_de_água_05.JPG|dereita|miniatura|Muíño en Vinhais.]]
===Patrimonio arqueolóxico===
Na serra da Coroa e de Donai existen monumentos [[Megalitismo|megalíticos]] e [[Mámoa|mámoas]]. Existen diferentes [[Cultura castrexa|poboados castrexos]].
 
===Patrinomio civil===
O proceso de [[Imperio Romano|romanización]], que levou ao abandono dos castros e intensificación da [[agricultura]] e [[minaría]], levou á integración do territorio na ''Civitas Zoelarun'' romana. A [[vía XVII]] do [[Itinerario de Antonino|itinerario Antonino]] foi un trazado norte que pasou pola Citivas dos Zoelas, que hoxe en día semella ser [[Castro de Avelãs]], [[Braganza|Bragança]].<ref name="ICNF"/>
 
Entre a arquitectura popular cabe destacar os [[Pombal (edificio)|pombais]], os [[muíños]], as [[Forxa|forxas]] ou as [[Ponte|pontes]] romanas.<ref name="ICNF"/>
 
===Patrimonio cultural===
No [[nadal]] na zona da Lombada celébrase a "festa dos rapaces".<ref name="ICNF"/> Na música tradicional do parque destacan as [[Gaita|gaitas]] de foles.<ref name="ICNF"/>
Na música tradicional do parque destacan as gaitas de foles.<ref name="ICNF"/>
 
==Lexislación==