Gambia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vilachan (conversa | contribucións)
→‎Historia: Pequena corrección lingüística.
Liña 56:
Gambia formou parte do [[Imperio de Ghana]] así como do [[Imperio de Songhai]]. Os primeiros testemuños escritos que se teñen da rexión proveñen duns textos de comerciantes [[árabes]] do [[século IX]] e [[século X|X]], cando os comerciantes árabes crearon a ruta transsahariana comerciando con [[escravo]]s, [[ouro]] e [[marfil]]. No [[século XV]] os [[Portugal|portugueses]] herdaron este comercio establecendo rutas marítimas para comercial co [[Imperio de Mali]], ao cal pertencía a zona na época.
[[Ficheiro:James Island and Fort Gambia.jpg|miniatura|esquerda|Mapa do Forte de Gambia na Illa James]]
En [[1588]], o pretendente ao trono portugués, vendeu a exclusividade do comercio no [[Río Gambia]] aos ingleses, o que foi confirmado polas Cartas Patente da raíña [[raíñas de Inglaterra|Isabel I]]. En [[1618]], o Rei [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|James I de Inglaterra]] concedeu a exclusividade do comercio co Río Gambia a Costa de Ouro (actualmente [[Ghana]]) a unha compañía británica. Entre [[1651]] e [[1661]], Gambia foi indirectamente unha colonia do reino Polaco-lituano. Foron os letonesletóns, dependentes do reino polaco-lituano, os primeiros en establecerse na [[Illa James]], denominada na época [[Illa Andrew]], ata a conquista británica da mesma en [[1661]].
 
Durante os séculos XVII e XVIII [[Francia]] e [[Inglaterra]] loitaron pola supremacía na rexión de [[Senegal]] e do [[Río Gambia]]. O [[Tratado de París (1783)|Tratado de Versalles]] de [[1783]] outorgou ao [[Reino Unido]] a posesión do [[Río Gambia]] salvo o enclave de Albreda que se mantivo baixo soberanía francesa, sendo cedido a [[Inglaterra]] en [[1857]].