Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Liña 158:
O [[Carlos de Austria (príncipe de Asturias)|príncipe Carlos]] naceu en [[1545]], fillo da primeira esposa de Filipe II, [[María Manuela de Portugal|María de Portugal]], coa que casara dous anos antes e a cal morreu no parto. Caracterizado polo seu desequilibrio mental (de posíbel orixe xenética, pois tiña catro bisavós, en lugar dos oito habituais, e seis tataravós, en lugar de dezaseis), e unha complexión débil e enfermiza, educouse na Universidade de [[Alcalá de Henares]] xunto ao medio irmán do rei, [[Xoán de Austria]]. Sufriu unha trepanación do cranio, practicada polo eminente anatomista [[Andreas Vesalius]]. Conspirou con pouco disimulo cos rebeldes flamengos contra seu pai. Tras asombrosos escándalos relacionados con isto, como o intento de acoitelar en público ao Duque de Alba, foi detido polo seu propio pai, procesado e encerrado nos seus apousentos. Posteriormente foi trasladado ao [[castelo de Arévalo]], onde morreu de inanición (negábase a comer) e en total delirio, en [[1568]].<ref>Parker, Geoffrey (2010): Felipe II: La biografía definitiva. Barcelona: Editorial Planeta.</ref> Este terrible feito marcou profundamente, e de por vida, a personalidade do monarca.
 
Do seu segundo matrimonio con [[María I de Inglaterra|María Tudor]] non houbo fillos, pero do terceiro, con [[Isabel de Valois, raíña de España|Isabel de Valois]] tivo dúas fillas, co que ao morrer en [[1568]] [[Isabel de Valois]] e o seu primoxénito Carlos, Filipe II encontrouse con 41 anos, viúvo e sen descendencia masculina. Este foi un dos peores anos para Filipe II: á traxedia persoal uníanse a rebelión nos [[Países Baixos]] e nas [[Alpujarras]], o avance imparable da herexía protestante e calvinista en Francia e na Europa Central, a piratería berberisca e o rexurdir da ameaza otomá tras o fracaso do Sitio de [[Malta]] e a morte de [[Solimán o Magnífico]].
 
En [[1570]], Filipe II casa, por cuarta vez, con [[Ana de Austria, Raíña de España|Ana de Austria]], filla do seu primo o emperador [[Maximiliano II]], con quen tivo catro fillos, dos cales só un, [[Filipe III de España|Filipe]] ([[14 de abril]] de [[1578]] – [[31 de marzo]] de [[1621]]), futuro Filipe III, chegou á idade adulta.