Curtis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref
m →‎Historia: arranxiños
Liña 233:
== Historia ==
[[Ficheiro:Parroquias de Curtis2.png|miniatura|Os concellos de Curtis, [[Sobrado]] e [[Vilasantar]] con cadansúa parroquia de Curtis.]]
A historia do concello de Curtis está vencellada á de [[Sobrado]] e [[Vilasantar]]. Nestes concellos existen dúas parroquias co nome de Curtis: [[A Ciadella, Sobrado |A Ciadella]], antiga ''Ciadella de Curtis''<ref name="Ciadella"/>, en Sobrado e [[San Vicenzo de Curtis, Vilasantar|San Vicenzo de Curtis]] en Vilasantar.
 
Os concellos de Curtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o [[condado de Présaras]], un dos máis importantes dende a época [[Suevos|sueva]] ata o [[século X]]. Curtis pasou a depender do [[Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes|mosteiro de Sobrado]] cando o fundaron os condes [[Hermenexildo Aloitez|Hermenexildo]] e [[Paterna Gundesindez|Paterna]].
 
Curtis sufriu a chegada dos [[normandos]] na súa segunda incursión en Galiza (968-970). Comandados polo caudillo [[Gunrod]] chegaron a destruír a igrexa de Santa Eulalia:
Liña 249:
[[Ficheiro:Casa tradicional de Curtis, A Coruña, Galiza, Spain.jpg|miniatura|Casa tradicional.]]
 
A principios dos anos 1920 o escritor mexicano [[Manuel Toussaint]] foi un viaxeiro abandonado na estación que publicou: "''... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos''"<ref>Manuel Toussaint: [http://books.google.es/books?id=ZrKYG8ALe-wC&pg=PA236&dq=curtis+estación&hl=en&sa=X&ei=X7IfUfOQMsSwhAefzIHwCw&ved=0CD0Q6AEwBw#v=onepage&q=curtis%20estación&f=false "Obra literaria"] [[UniversidadUniversidade Nacional Autónoma de México]]. ISBN 968-36-2017-5 1992, páx 236 Publicado primeiramente en Viajes alucinados. Rincones de España (1924).</ref>. Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do lugar un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da [[Guerra civil española|guerra civil]] un grupo de personalidades republicanas que ían de [[Madrid]] para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas<ref>{{Versaleta|[[Ramón Suárez Picallo|Suárez Picallo, Ramón]]}}: [http://books.google.es/books?id=NlPFqR-5YykC&pg=PA261&dq=curtis+coruña&hl=gl&sa=X&ei=sJEfUZjPDMWAhQfb54GwAQ&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false ''La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1942-1956) Escolma de artigos'']. [[Consello da Cultura Galega]]. 2008, pax. 261 ISBN 978-84-96530-61-4.</ref>. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do concello un lugar inseguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena guerra civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a guerra civil, a posguerra estivo marcada polos [[Maquis (guerrilla antifranquista)|escapados]] que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro [[Benigno Andrade]], ''Foucellas'', que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a [[Garda Civil]], tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á [[Franquismo|ditadura franquista]]. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal<ref>[http://elpais.com/diario/2008/10/30/galicia/1225365502_850215.html "El alcalde del PP en Curtis suprimirá los nombres franquistas del callejero local"] ''[[El País]]'', 30 de outubro de 2008 {{es}}.</ref>.
 
O concello aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona coas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris<ref>{{cita web|título=Logotipo de Curtis|url=http://www.curtis.es/index.php/gl/heraldica-e-logotipo/logotipo|editor=Concello de Curtis|dataacceso=16 de outubro de 2013}}</ref>.