Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Franquismo: " " mediante HotCat
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
[[Ficheiro:Aigle franquiste.jpg|miniatura|dereita|Aguia franquista, parte da simboloxía do franquismo]]
O '''franquismo''' foi o réxime [[Política|político]] vixente en [[España]] entre [[1939]] e [[1975]], baseado no liderado do xeneral [[Francisco Franco|Francisco Franco Bahamonde]]. Tamén se chama franquismo a [[ditadura]] e ideoloxía pola que se rexiurexeu España nesta época, tamén coñecida como nacionalcatolicismo, con elementos do [[fascismo]].
 
== Orixe ==
Liña 8:
== Historia ==
[[Ficheiro:Spain final-guerra-civil.jpg|miniatura|dereita|Parte Oficial de Guerra asinado polo xeneral Franco.]]
Acabada a [[guerra civil española]] coa vitoria dos autodenominados ''nacionais'', Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose ''Caudillo de España pola graza de Deus''. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte [[represión política|represión]] contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes<ref>Josep Fontana (ed.) ''op. cit.'' páxina 18</ref>, deu apoio a [[Hitler]] e a [[Mussolini]] (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política [[Economía|económica]] [[autarquía|autárquica]]. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e cambiou a política económica. Nos [[década de 1960|anos 60]] produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo ''desenvolventismo'' económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.
 
O franquismo como réxime político oficial rematou coa morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]], que foi sucedido por decisión propia do xeneral polo rei [[Xoán Carlos I]] como Xefe de Estado, tras xurar os [[Lei de Principios do Movemento Nacional|Principios do Movemento Nacional]], o máis parecido a unha "Constitución franquista". A [[Transición española|transición]] cara a un sistema político baseado nunha [[democracia parlamentaria]] foi relativamente moderada, tirantes as continuas ameazas de revoltas militares e a forte mobilización das masas traballadoras e estudantís (véxase [[oposición ó franquismo]]).
 
== Ideoloxía ==
 
O franquismo comezou baseándose na doutrina do nacionalcatolicismo, executada pola [[Falange Española|Falange]] e a [[Comunión Tradicionalista]], monárquica e carlista. Ao principio, tamén se aliaron outros sectores de dereitas: conservadores ae algúns monárquicos lexitimistas. As bases do réxime foron a unidade nacional española, o catolicismo e o anticomunismo. O réxime foi unha ditadura militar e foi un réxime [[Totalitarismo|totalitario]], con especial vehemencia e represión ao longo do que se coñece como primeira etapa. Isto non impediu que o réxime se autodefinise dende o principio como unha ''democracia orgánica'' que endexamais se homologou cunha democracia parlamentaria.
 
A partir das derrotas das potencias do Eixe na [[segunda guerra mundial]], o réxime vaifoi desbotando o seu carácter marcadamente profascista, aínda que segueseguiu utilizando a súa [[simboloxía]]. O franquismo tivo daquela que buscar novas [[alianza]]s internacionais, e foi diminuíndo o papel da Falange en favor doutros grupos. Na década dos anos 60 apareceu unha xeración de políticos ''tecnócratas'' que até certo punto rompeu o illamento internacional no que se atopaba o Estado.
 
=== Fundamentos ===
* '''Fascismo'''. Incorporado polo falanxismo, do que tomou os símbolos exteriores (camisa azul, saúdo brazo en alto, xugo e frechas, etc.), o anticomunismo e o rexeitamento do liberalismo e da democracia parlamentaria.
* '''Tradicionalismo'''. Corrente do pensamento español do [[século XIX]], do que recolleu a idea do centralismo castelán e as glorias da España imperial dos [[Reis Católicos]] e dos [[Habsburgo]].
* '''Militarismo'''. Común en España dende o século XIX, atribuía ao exército o papel de defensor da unidade do Estado, o que se viu fortalecido pola súa sublevación militar de [[1936]] que rematou na Guerra Civil.
* '''Catolicismo'''. A Igrexa católica deu o seu apoio ao golpe de Estado de 1936 e lexitimou o réxime implantado por Franco, a cambio da supremacía que lle outorgou a ditadura como referente moral da sociedade.<ref>{{Cita libro|título = Ciencias sociais: Historia|apelidos = Fernández Bulete|nome = Virgilio|editorial = SM Xerme|ano = 2013|ISBN = 978-84-9854-281-3}}</ref>
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:10.2006 Jardín de Pie 002.jpg|Proclamas franquistas.
Ficheiro:Sainte Croix.jpg|Cruz no Val dos Caídos.
Ficheiro:Franco wall.jpg|Placa en memoria de Franco en [[Ávila]].
Ficheiro:Tombe Franco.jpg|Tumba de Franco no [[Val dos Caídos]].
Ficheiro:Franco0001.PNG|Francisco Franco.
</gallery>
 
== Notas ==
Liña 29 ⟶ 38:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Datación cronolóxica do franquismo]]
* [[Oposición ó franquismo]]
* [[Pícaros roubados polo franquismo]]
* [[Simboloxía do franquismo]]
Liña 35 ⟶ 45:
* [[Ditadura]]
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:10.2006 Jardín de Pie 002.jpg|Proclamas franquistas.
Ficheiro:Sainte Croix.jpg|Cruz no Val dos Caídos.
Ficheiro:Franco wall.jpg|Placa en memoria de Franco en [[Ávila]].
Ficheiro:Tombe Franco.jpg|Tumba de Franco no [[Val dos Caídos]].
Ficheiro:Franco0001.PNG|Francisco Franco.
</gallery>
{{Control de autoridades}}