Ricardo Carballo Calero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 40:
=== Últimos anos ===
[[Ficheiro:Ricardo Carballo Calero 1928.jpg|miniatura|200px|En ''[[Vida Gallega]]'' en 1928.]]
Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do [[Rexurdimento|Primeiro Rexurdimento]] e os traballos do profesor [[Manuel Rodrigues Lapa]], Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento [[reintegracionismo|reintegracionista]], feito que lle impelería a asinar como ''Carvalho Calero'' pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.<ref>{{Cita web|url=https://adiante.gal/carvalho-calero-converteuse-nunha-bandeira-sen-el-procuralo/?fbclid=IwAR0sSnMj-AHMJov_rzdbxTWBZRU5pl5W1O_jSDw7ywx5BciBai_1Ymr4k24 |páxina-web=adiante.gal |título=Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo |nome=José Luis |apelidos={{Versaleta|Rodríguez Fernández}} |data=17/10/2018}}</ref> Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.<ref name="AELG"/>

En 1979 foi nomeado por [[Alejandrino Fernández Barreiro]], responsable do departamento de educación da [[Xunta de Galicia|Xunta Preautonómica]], presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da [[lingua galega]]. Xubilouse en [[1980]] mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións, como a [[Associaçom Galega da Língua]] (AGAL), de tendencia lusista, e da cal era membro de honra. En 1981 foi nomeado membro da [[Academia das Ciências de Lisboa]].
 
=== Legado ===