Michel Foucault: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
paso foto a ficha
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón wiki
Liña 26:
Ao abordar o estudo dos centros psiquiátricos centrou a súa atención no modo pouco racional no que os "normais" trataron aos enfermos mentais durante o Século da Razón (dende [[René Descartes|Descartes]] ata a [[Ilustración]]), o medo desta cultura "racional" ao diferente, ao oposto, ao irracional, expresouse no tratamento brindado aos tolos, peor que o dispensado aos animais. Pechando, clasificando e analizando ao "enfermo mental" como se fora un obxecto, a racionalidade moderna móstrase tal e como é, vontade de dominio.
 
Durante o [[Renacemento]] e a partir do [[século XIX]] as cousas aconteceron de xeito moi diferente. Iso permite decatarnos de que se producen cambios nas estruturas básicas dende as que os homes entenden e valoran. [[Jorge Luis Acanda]], da [[Universidade da Habana]], destaca a débeda que a "reflexión provocadora en torno aos ocultos e complexos mecanismos de difusión capilar do poder" de Foucault ten respecto dalgunhas teses fundamentais do marxismo un enfoque relacional da sociedade (a sociedade como un conxunto de relacións sociais), que permite ver tamén o poder dende unha perspectiva relacional; o emprego no sentido amplo do concepto de "produción" (non só no plano económico senón tamén no das ideas, as prácticas sexuais, as técnicas carcerarias,etc.) para entender os fenómenos sociais como creacións e non como algo dado ou "natural"; a comprensión de que a revolución contra o capitalismo non pode ser un simple cambio de goberno senón que debe ser unha "fonda e total subversión cultural".
 
=== O poder ===