Teodoro II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 10:
Foi o fillo e sucesor do tsar [[Boris Godunov]]. A súa nai, María Grigorievna Skuratova-Beslskaya, foi unha das fillas de Malyuta Skuratov, a favorita de [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]].
 
Fisicamente robusto e moi querido polo seu pai, recibiu a mellor educación posible para os seus días, e desde a infancia foi iniciado en todas as minucias do goberno, asistindo regularmente á [[Duma]] e recibindo a [[diplomático]]s estranxeiros. Tamén parece que tiña unha boa intelixencia, creando el só un mapa de Rusia, que aínda se conserva.<ref>{{Cita web |url=http://www.nlr.ru:8101/exib/siberia/sibi4.htm |título=Copia arquivada |data-acceso=20 de xaneiro de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060222075116/http://www.nlr.ru:8101/exib/siberia/sibi4.htm# |dataarquivo=22 de febreiro de 2006 |urlmorta=si }}</ref>. Este mapa foi editado con algunhas adicións por Hessel Gerritsz en [[Ámsterdam]], no ano [[1613]] e reeditado ata [[1665]].
 
Trala repentina morte do seu pai [[Boris Godunov]], foi proclamado tsar con 16 anos o [[13 de abril]] de [[1605]]. Mentres que o seu pai tomou as precaucións de rodearse de poderosos amigos, Teodoro viviu desde o primeiro momento do seu reinado nunha atmosfera de traizón. O [[11 de xuño]] de [[1605]], os enviados de [[Demetrio II de Rusia|Demetrio o Falso]] chegaron a [[Moscova]] para reclamar a súa retirada, e as cartas lidas na [[Praza Roxa]] decidiron o seu destino. Un grupo de [[boiardos]] fixéronse co control do [[Kremlin]] e arrestaron o tsar.