Diferenzas entre revisións de «Joan Manuel Gisbert»

m
→‎Traxectoria: arranxiños
(engado táboa)
m (→‎Traxectoria: arranxiños)
 
== Traxectoria ==
Por mor da prematura morte do seu pai, comezou a traballar a temperá idade, colaborando con distintas editoriais. Viaxou a [[París]] para estudar teatro e ao seu regreso publicou o seu primeiro libro, ''Escenarios fantásticos'' (1979), que conseguiu o Premio da CCEI. Un ano despois, o seu libro ''O misterio da illa de Tökland'' (1982) obtivo o [[Premio Lazarillo]] de creación literaria e figurou na Lista de Honra do Premio Andersen. Foi comparado polos críticos con autores como [[J. R. R. Tolkien]] e [[C. S. Lewis]], e consagrou ao seu autor como o máximo expoñente da tendencia fantástica dentro da literatura infantil. A súa seguinte obra, ''Lendas do planeta Thamyris'' (1982), foi declarada en 1983 Libro de Interese Infantil polo Ministerio de Cultura. Con ''O museo dos soños'' (1984) obtivo o [[Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil|Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil]]. Por ''A noite da eclipse'' (1990) foi galardoado co premio Gran Angular. ''A voz de madrugada'' recibiu o premio Edebé en 1995. Tamén conseguiu en dúas ocasións o premio Barco de Vapor.
 
Nas súas obras, Gisbert desenvolve aventuras que parten da vida cotiá, da que tamén forman parte os soños, para penetrarse no descoñecido. Joan Manuel Gisbert traballa tamén como asesor editorial, imparte cursos sobre a imaxinación fantástica e participa con frecuencia en xornadas e encontros sobre literatura infantil. realizou tamén guións para televisión ("Misteri" para TVE de Cataluña).
105.610

edicións