Quenya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxiños
Liña 32:
}}
[[Ficheiro:Quenya Example.png|dereita|miniatura|280px|Texto en Quenya, escrito nos alfabetos [[tengwar]] e [[Alfabeto latino|latino]].]]
O '''quenya''' (pronunciado ''cueña''), tamén chamado ''qenya'', ''quendya'', ''alto élfico'', ''alta lingua'', ''lingua antiga'', ''lingua dos elfos de [[Valinor]]'', e outras denominacións) é, xunto co [[sindarin]], o idioma máis difundido e estudado das máis de quince [[ideolinguaLinguas artificiais|ideolinguas]]s que, con distintos graos de detalle, foron inventadas por [[J. R. R. Tolkien]] e usadas na súa saga literaria da [[Terra Media]]. O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema ''[[Namárië]]'', coñecido como ''O lamento de [[Galadriel]]'', o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: ''[[O Señor dos Aneis]]''.
 
Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a [[Primeira Guerra Mundial]], cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de ''O Señor dos Aneis''. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co [[latín]], o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o [[lingua finesa|finés]], sendo posible tamén algunha influencia do [[lingua galesa|galés]] e do [[lingua grega|grego]], como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.