Estatuto de autonomía de Galicia de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: achego url arquivada
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Seminario de Estudos Galegos: Algunha explicación máis, a partir do texto orixinal.
Liña 66:
''c) os que non sendo originariamente galegos, gañen viciñanza en calquera lugar da Galiza.''|<ref>VVAA: ''A Autonomía galega (1846-1981)''. Consellería da Presidencia, Santiago de Compostela 1986, 228-229.</ref>}}
 
Os órganos políticos eran a ''Asambreia'', o ''Consello'' e o Presidente. A Asemblea elixíase por [[sufraxio universal]], directo e secreto. O Consello era elixido pola Asemblea, e o cargo de presidente rotaba anualmente entre os membros do Consello. Menos definidos quedaban as relacións co Estado central e os conflitos de competencias. Tamén prevía a asunción de tódolos [[imposto]]s que ata entón estaban atribuídos ó Estado central, excepto os correspondentes a [[alfándega|aduanas]] e [[monopolio]]s.
 
O proxecto do Seminario non chegou a debaterse xa que [[Salvador Cabeza de León|Cabeza de León]], presidente nese momento desta institución, decidiu retiralo porque consideraba que os seus principios xa quedaban recollidos no texto da FRG.