Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
arranxo refes
Liña 163:
Aínda que Starr recoñeceu as súas propias limitacións técnicas á hora de tocar a batería con [[The Beatles]], o efecto xeral da súa contribución á música do grupo recibiu eloxios dun notable número de baterías. Starr comento: «Non son bo nos temas técnicos... Son a túa batería fóra do común con enchidos divertidos... porque realmente son un zurdo tocando un kit de destros». A súa batería era unha Ludwig Black Oyster co seu bombo de 20''. Utilizaba pratos Zyn, Crash Ride 20'' e Crash de 18 {{sfn|Harry|2004|p=44}} O productor musical [[George Martin]] comentou sobre Ringo: «Golpea ben e forte e usa ben o [[bombo]], a pesar de que non podía facer unha tirada para salvar a súa vida», aínda que posteriormente engadiu: «Ten un tremendo sentimento. Sempre nos axudou a conseguir o [[tempo]] adecuado para unha canción, e deunos ese apoio, ese ritmo de fondo sólido e roqueiro, que fixo que todas as cancións de The Beatles fosen moito máis fáciles».{{sfn|Harry|2004|p=44}} Starr tamén comentou respecto diso: «Sempre crin que o batería non está aí para interpretar a canción», e comparou a súa profesión coa pintura: «Eu son o fundamento, e logo poño un pouco de brillo aquí e alá... Se hai un erro, quero ser o suficientemente bo para enchelo».{{sfn|Clayson|2005|p=42}}
 
En 2011, os lectores da revista ''[[Rolling Stone]]'' situaron a Ringo no quinto posto da lista das mellores baterías de todos os tempos.<ref>{{cita web|url=http://www.rollingstone.com/music/pictures/rolling-stone-readers-pick-best-drummers-of-all-time-20110208/5-ringo-starr-0875383|título=Rolling Stone Readers Pick Best Drummers of All Time|autor=[[Rolling Stone]] |idioma=inglés |dataacceso=30 de decembro de 2012}}</ref> O xornalista Robyn Flans, que tamén traballou na revista ''Modern Drummer'', escribiu sobre Ringo: «Non podo contar o número de baterías que me dixeron que Ringo inspiroulles a súa paixón pola batería». Entre eles [[Max Weinberg]], [[Dave Grohl]], [[Danny Carey]], [[Liberty DeVitto]] e [[Mike Portnoy]] recoñeceron a influencia de Ringo.<ref name="Ringo's Drumming">{{Cita web |url=http://web2.airmail.net/gshultz/drumpage.html |título=Ringo's Drumming |idioma=inglés |dataacceso=17 de outubro de 2013}}</ref> Por outra banda, o batería [[Steve Smith (músico)|Steve Smith]] comentou sobre a contribución musical de Starr:
{{cita|«Antes de Ringo, a estrela dos baterías medíase polo seu virtuosismo e a súa capacidade de facer sós. A popularidade de Ringo trouxo un novo paradigma en como o público vía os baterías. Comezamos a ver os baterías como unha participación idéntica do aspecto compositivo. Unha das mellores calidades de Ringo era que compoñía partes estilísticas e únicas de batería para as cancións de The Beatles. As súas contribucións son tan parte da firma das cancións que podías escoitar a batería de Ringo sen o resto da música e identificar a canción»<ref name="PAS"/>}}