Cogomelo de pé aveludado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 36:
O cogomelo adoita medrar nos toros do [[lodoeiro chinés]] (''[[Celtis sinensis]]''), denominado ''enoki'' no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as [[Moreira (árbore)|moreiras]] ou os [[caquiceiro]]s. A diferenza na aparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos adoitan ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO<sub>2</sub> para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.
 
A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15&nbsp;°C e unha humidade do 70%, nun substrato de [[serraduras]] ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao cogomelo a medrar de xeito magro e alongado. Os cogomelos dos supermercados a miúdo teñen mostras da botella arredor da base.<ref>{{Cita web |url=http://www.world-mushroom.com/enoki/e_enokitake.htm |título=Cultivo de ''Flammulina velutipes'' {{en}}|lingua=inglés |data-acceso=19 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160831090058/http://www.world-mushroom.com/enoki/e_enokitake.htm |dataarquivo=31 de agosto de 2016 |urlmorta=si }}</ref>
 
O cogomelo é moi sinxelo de cultivar e ten crecido no Xapón durante máis de 300 anos, ao comezo en madeira e despois en botellas. Pódense mercar tamén os ''kits'' para o seu cultivo.