Accidente de Chernóbil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos de lingua.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 250:
 
== Chernóbil despois do desastre ==
Despos do accidente xurdiron preguntas sobre o futuro da planta e o seu eventual destino. Os traballos nos reactores inacabados 5 e 6 detivéronse tres anos máis tarde. Porén, os problemas na planta de Chernóbil non remataron co accidente do reactor 4. Este foi selado e 200 metros cúbicos de formigón colocáronse entre o lugar do accidente e os edificios operacionais. O goberno ucraíno continuou mantendo os tres reactores restantes operativos debido a escaseza de enerxía do país. En [[1991]] incendiouse o edificio da turbina do reactor 2, e as autoridades declararon que non se podía reparar e parou a súa actividade. O reactor 1 foi dado de baixa en novembro de [[1996]] como parte dun contrato entre o goberno ucraíno e organizacións internacionais como a [[Axencia Internacional de Enerxía Atómica]], para rematar as operacións na planta. O [[15 de decembro]] do [[2000]], o entón presidente [[Leonid Kuchma]] en persoa apagou o reactor 3 nunha cerimonia oficial, cesando así totalmente as actividades da planta<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/12/15/335506.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz |título=La Voz de Galicia - Chernóbil cierra y entra en la historia como hito de los cataclismos nucleares {{es}} |lingua=castelán|data-acceso=24 de abril de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130731142944/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/12/15/335506.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz |dataarquivo=31 de xullo de 2013 |urlmorta=si }}</ref>.
 
No ano [[2011]], [[Ucraína]] planeou abrir a zona selada ao redor do reactor de Chernóbil para os turistas.