Andrés Gaos Berea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadir Bibliografía, tomada de Wikipedia en español
Elisardojm (conversa | contribucións)
ordeno seccións e orto
Liña 23:
 
== Traxectoria ==
Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En [[1884]] ingresou nun Centro Musical da [[A Coruña|Coruña]]. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a [[Madrid]] para continuar os seus estudos no Conservatorio. En [[1888]] volveu á Coruña e conseguiu máis bolsas para realizar estudos en [[París]] e [[Bruxelas]]. En [[1895]] viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en [[Buenos Aires]] e [[Montevideo]]. En [[1896]] casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixaron a súa residencia principal en Buenos Aires, pero establecéndose durante períodos moi prolongados -ás veces de anos- en Francia por razóns das súas xiras de concertos. En [[1917]] divorciáronse e Andrés casou con rapaza Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos.
 
A súa actividade, a partir de 1930, desenvolveuse fundamentalmente na [[Arxentina]], aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Contra [[1899]] publicou obras para canto e piano e unha [[habanera]] para violino e piano. Entre [[1912]] e [[1916]] compuxo un bo número de cancións, unha das cales foi premiada pola Asociación Wagneriana de Buenos Aires. En [[1916]] obtivo un premio en [[Tucumán]]-lugar onde transcorre a acción da súa única ópera, ''[[Amor vedado]]''- pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En [[1917]] compuxo ''Elegía para piano e violín'', dedicada ao seu amigo [[Pau Casals]] que nunca a interpretou. A súa última actuación na Coruña foi en [[1927]]. Entre outras composicións incluíu dúas obras del, entre elas a ''Danza arxentina nº 3'', que acadou un grande éxito.
 
== Obra ==
Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 ''En las montañas de Galicia'', ''Crepúsculo en la Alhambra'', ''Aires gallegos'', ''Impresión nocturna'', ''Miniaturas'', ''Tormenta'', ''Marcha fúnebre'', ''Sonata opus 37'', a jotaxota para piano ''Lieder'' e a ópera ''[[Amor vedado]]'', ''Allegro para Violín e Orquestra'', Opus 24, ''Sinfonía en la menor'' (en tres movementos), ''Humoresca para violonchelo e piano'', ''Romanza para Violino e Piano'', ''Impresión Nocturna''. Ademais, dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.
 
Algunhas destas obras están gravadas en disco pola [[Orquestra Sinfónica de Galicia]], baixo a dirección de [[Víctor Pablo Pérez]], quen ten estreado a práctica totalidade da obra orquestalorquestral e lírica de Andrés Gaos.
 
Fixéronse varios arranxos de obras súas como por exemplo o do segundo movemento da súa ''Sinfonía nº 2'' para banda, levado a cabo polo músico [[Hernán Naval Parapar]], de 'Rosa e Abril' para voz e piano e para coro, realizadas polo seu fillo Andrés Gaos Guillochón e por [[Ramiro Cartelle]] a partir da jotaxota para piano ''Lieder'', ou do ''Allegro para violín e orquestra'' (''Fantasía para violino e orquestra'', Xunta de Galicia) que elaborou [[Joam Trillo]], revisor e adaptador tamén de ''Impresión nocturna'', ''Amor vedado'' e outras grandes obras de Gaos.
 
== Bibliografía[editar código · editar] ==
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía===
* SOTO VISO, Margarita y Xoán M. Carreira, "Dos piezas para violonchelo y piano de Andrés Gaos Berea (1874-1959)", en ''Revista de Musicología'', Vol. 6, No. 1/2 (enero-diciembre 1983), pp. 521-528
* ANDRADE Malde, Julio, "Las canciones con texto en francés de Andrés Gaos", en ''Nassarre'' nº 3,1 (1987)
Liña 45:
* PÉREZ Fernández, Julián Jesús (coord.), "Andrés Gaos Berea: un achegamento á súa figura e á súa Música", Universidade da Coruña, A Coruña, 2012
* PAINCEIRA Luaces, Vanesa, "La revalorización de la figura de Andrés Gaos en Galicia" en ''Boletín DM'' nº 18 (2014), pp 7-17
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[https://web.archive.org/web/20150923172131/http://www.andresgaos.com/principal.htm Sitio web oficial de Andrés Gaos](''en español'') arquivado dende o [http://www.andresgaos.com/principal.htm orixinal] o 23 de setembro de 2015.