Anano (Terra Media): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Dwarf by BrokenMachine86.jpg|150px|miniatura|dereita|Debuxo dun anano típico]]
Os '''ananos''' da [[Terra Media]] son seres que aparecen nas novelas de [[J. R. R. Tolkien]]. Trátase dunha raza de seres que se caracteriza principalmente por medir arredor dun metro e ser grandes canteiros, así como valorosos guerreiros.
 
Os ananos ou '''Khazâd''', como se denominaban a si mesmos, tamén eran chamados '''Naugrim''' (''O pobo Minguado'') ou incluso '''Gonnhirrim''' (''Mestres da pedra'') en ''[[Sindarin]]'', a lingua dos Elfos Grises.
 
== Características ==
Como o seu nome indica, son máis baixos que os humanos, cunha altura de entre 120 e 150 [[centímetroscentímetro]]s. Pese a iso, son robustos e máis fortes e recios que o resto das razas. Todos teñen barba, tanto homes como mulleres, e cortárllela é a maior vergonza e ofensa que se lles pode facer.
 
O seu carácter é teimudo e persistente e son ademais a raza máis traballadora da obra de [[J. R. R. Tolkien|Tolkien]]. Son valentes no combate e a súa vontade e orgullo fan que rara vez sexan enganados ou corrompidos polo mal, nin sequera mediante os [[Aneis de Poder]]. Se ben é certo que nalgún momento o seu orgullo se volveu contra eles, isto é algo que lles sucedeu a tódalas razas nun momento ou outro.