Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Novo primeiro ministro
Etiqueta: edición de código 2017
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 373:
Aínda que o Reino Unido non teña unha lingua oficial ''[[de jure]]'', a lingua máis falada é o inglés, unha [[Linguas xermánicas|lingua xermánica occidental]] descendente do [[inglés antigo]] e que posúe un importante sustrato do [[Noruegués antigo]], [[Lingua normanda|francés normando]] e do [[latín]]. A lingua inglesa foi espallada polo mundo (principalmente debido ao Imperio Británico) e tornouse a lingua franca contemporánea. En todo o mundo, é falada por máis de 508,000,000 millóns de falantes coma segunda lingua.<ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=eng English language]</ref>
 
As outras linguas indíxenas do Reino Unido son: 1) o chamado [[Lingua escocesa|escocés]] (moi próximo ao inglés, os lingüistas debaten se consideralo un dialecto ou unha lingua de seu). 2) catro [[linguas celtas]]: divídense en dous grupos: as linguas P-celtas e as Q-celtas. No primeiro grupo achamos o [[lingua galesa|galés]] (declarado oficial en Gales pola Asemblea nacional de Gales, é a lingua céltica máis falada no Reino Unido) e tamén o [[córnico]] (lingua morta no século XIX do que se están a facer esforzos para recuperala); e entre as Q-celtas están p [[Lingua irlandesa|irlandés]] (falado de forma moi minoritaria na Irlanda do norte) e o [[gaélico escocés]] (antigamente falado en toda Escocia, mais na actualidade atópase restrinxido ás [[Highlands]] e ás [[illas Hébridas]]). No norte de Inglaterra aínda pervive a influencia da extinta [[cúmbrico|lingua cúmbrica]], falada na zona hai séculos, sendo empregada aínda como sistema para contar as [[ovella]]s (vexa [[Yan Tan Tethera]]). No censo de 2001 máis dun quinto (21%) da poboación do [[País de Gales]] dicía poder falar o galés,<ref>http://www.statistics.gov.uk/CCI/nugget.asp?ID=447&Pos=6&ColRank=1&Rank=192</ref> o que constitúe un crecemento no número de falantes fronte o censo de [[1991]] (18%).<ref>{{Cita web |url=http://www.statistics.gov.uk/downloads/theme_compendia/fow/WelshLanguage.pdf |título=Copia arquivada |data-acceso=22 de xullo de 2004 |urlarquivo=http://webarchive.nationalarchives.gov.uk/20040722055520/http://www.statistics.gov.uk/downloads/theme_compendia/fow/WelshLanguage.pdf |dataarquivo=22 de xullo de 2004 |urlmorta=si }}</ref> No resto do país existen uns 200.000 falantes do galés, principalmente en Inglaterra.<ref>[http://www.bbc.co.uk/voices/multilingual/welsh.shtml O galés hoxe segundo o Prof. Peter Wynn Thomas] www.bbc.co.uk</ref> [[Ficheiro:Wales.cardiff.slow.jpg|Estrada bilingüe en Gales.|miniatura|180px|esquerda]]
O galés e mailo gaélico escocés tamén son falados por pequenas comunidades noutras partes do mundo, entre estas comunidades destacan a de [[Nova Escocia]] ([[Canadá]]), onde se fala o gaélico escocés, e a da [[Patagonia]] ([[Arxentina]]), onde hai unha activa comunidade galesa.