Isabel Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en [[filoloxía hispánica|Filoloxía Hispánica]] en [[1992]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Graduouse coa memoria de licenciatura ''[[Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e analáliseanálise literaria]]'', publicada anos máis tarde ([[1998]]) polo [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]]. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de [[Anxo Tarrío]] sobre a "''Formación e análise da crítica literaria galega''".
 
É unha das principais coñecedoras das figuras de [[Heraclio Pérez Placer]]<ref>[https://www.cirp.es/w3/publicacions/pub-0034.html Ficha de ''Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer''], no CRPIH.</ref> e de [[Agustín Fernández Paz]], autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/agustin-fernandez-paz-procesos-de-reescrita/html/1bf4d672-2706-11e1-b1fb-00163ebf5e63_2.html#I_0_ ''Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita''].</ref>, "Encontro con Agustín Fernández Paz"<ref>Capítulo publicado como parte do libro ''A mémoria nos livros: história e histórias'' (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) {{pt}}.</ref>, "@afernandezpaz"<ref>Publicado en ''Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza'' (Fundación Otero Pedrayo, 2014).</ref>, "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"<ref>Publicado na revista ''Lazarillo'', nº 36, 2016, pp. 90-97 {{es}}.</ref> ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"<ref>Publicado en ''Sarmiento. Anuario galego da historia da educación'', nº 20.</ref>, amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra [[Ensaio (literatura)|ensaística]], como ''[[O rastro que deixamos]]'' (Xerais, 2012) e ''Un mundo de palabras'' (Xerais, 2017).